Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Marisol Díaz: “O noso reto agora é consolidar e completar a Galicia que nós queremos, próspera e solvente”

Imprimir ppou - 05-Septembro-2016 - 14:03:13 



• A cabeza de lista do PP por Ourense valorou algúns dos aspectos do programa electoral para o 25-S, destacando os referidos a emprego, economía, servizos sociais, educación ou modelo territorial.

• Manuel Baltar afirmou que o programa “non promete nada que non podamos cumprir, está feito dende o realismo e para gobernar”. 

Ourense, 5 de setembro de 2016.- “A cabeza de lista do Partido Popular de Ourense, Marisol Díaz, e o presidente provincial dos populares, Manuel Baltar, fixeron hoxe unha valoración do programa electoral presentado onte polo presidente do PPdeG e candidato á presidencia da Xunta nas eleccións do 25-S, Alberto Núñez Feijóo. Un documento de propostas que, segundo afirmou Marisol Díaz, marca un reto que é “consolidar e completar a Galicia que nós queremos, próspera e solvente” e que para o presidente provincial, Manuel Baltar, “está feito dende o realismo, para gobernar e o único que ten garantía de cumprimento”.

Acompañado polos candidatos Miguel Santalices, Cristina Romero e Marta Pena, a número uno da lista por Ourense valorou algúns dos ámbitos máis destacados do programa de Núñez Feijóo, comezando polo emprego. A mellora das condicións laborais serán o obxectivo, “coa conversión de 50.000 empregos temporais en indefinidos, a creación de bolsas para que os mozos adquiran experiencia laboral incial, o impulso a conciliación laboral pero tamén apoiando a creatividade e competitividade dos empresarios, con especial atención aos emprendedores e aos autónomos”, ademais dunha nova Lei de Emprego de Galicia.

Para Díaz, outro dos aspectos destacables do programa será a reducción da débeda, a procura de rebaixas fiscais e o compromiso de que o 80% dos orzamentos siga dedicándose a gasto social, “aproveitando ademais os novos recursos tecnolóxicos para facilitar a atención aos maiores e enfermos crónicos.

Tamén citou a educación, lembrando a proposta de estender o plurilingüismo á educación infantil e á FP ou o reforzamento da formación en idiomas dos profesores, así como o a redacción dunha lei de impulso demográfico, “que formule novas medidas adaptadas a realidades máis específicas como os menores con discapacidade ou as familias monoparentais”.

Por último referiuse ao modelo territorial e ambiental de Galicia, no que se propón un Plan Básico Autonómico para poñer en marcha estacións intermodais nas cidades cun billete único ou a aprobación de novas normativas sobre mobilidade, patrimonio natural ou o ciclo integral da auga, sen esquecer o avance na reforma da administración autonómica.

UN PROGRAMA DE GARANTÍAS
Un amplo programa con máis de 1.400 medidas que, dixo pola súa banda Manuel Baltar, “é o resultado do traballo desenvolvido por máis de 40 membros do partido, coordinados por Pedro Puy, ao longo dos últimos tres meses” e que ademais recolle as achegas dun importante númeo de asociacións, entidades e colectivos cos que se mantiveron reunións.

O resultado, afirmou, “é un programa que non promete nada que non podamos cumprir, feito dende o realismo e para gobernar”. Este,dixo, é o único documento que ten garantías de cumprimento “fronte o resto das forzas que só poderán aplicar, con sorte, a parte que corresponda aos departamentos que lles toquen no reparto de cargos que farían se Núñez Feijóo non obtén maioría”.

A principal característica das propostas do Partido Popular para Galicia, engadiu Manuel Baltar, “radica en que o goberno de Feijóo leva xa anos deseñando un programa de transformación de Galicia coa vista posta no 2020 e agora imos concretar esas liñas de traballo”, anunciando neste sentido a próxima visita a Ourense do candidato do PPdeG á presidencia da Xunta para detallar as propostas do programa referidas a Ourense.



(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: