Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar: “a cercanía é a marca do PP e non nos move un interese electoral, senón Galicia”

Imprimir ppou - 03-Septembro-2016 - 15:49:27 



• Alcaldes e concelleiros procedentes de toda Galicia, membros do goberno da Xunta e dirixentes do PPdeG participaron en Maceda nun encontro municipal clausurado polo presidente popular en Galicia e do goberno galego, Alberto Núñez Feijoó.

• En senllos paneis, os alcaldes pediron un esforzo para continuar coas políticas do mellor aliado para os concellos como foi o goberno do PP na Xunta.

Ourense, 3 de agosto de 2016.- “Hoxe estamos aquí para falar de futuro, sen meternos con ninguén, e para dicirlle a todos que a cercanía é a marca do PP, que non se move por interese electoral, senón por Galicia”, afirmou o presidente provincial dos populares ourensáns, Manuel Baltar, na súa intervención durante o encontro municipal celebrado esta mañá en Maceda. 

Unha xuntanza na que estiveron presentes alcaldes e concelleiros procedentes de toda Galicia, membros do goberno da Xunta e dirixentes do PPdeG como o secretario xeral, Miguel Tellado, e o presidente popular en Galicia e do goberno galego, Alberto Núñez Feijoó, encargado de pechar o acto.

Ao pe do castelo de Maceda, Manuel Baltar advertiu que logo do 25 de setembro haberá que empezar a traballar para as eleccións municipais do 2019, co obxectivo de recuperar aqueles concellos onde agora o PP lidera a oposición “pero tamén recuperar as deputacións de A Coruña, Lugo e Pontevedra e manter a de Ourense”.

O presidente provincial falou do municipalismo dende a perspectiva das administracións provinciais, “as máis próximas aos concellos”, poñendo como exemplo o traballo que se está a facer dende a Deputación de Ourense “facendo as cousas con planificación, cunha carta de servizos, con crecentes cotas de transparencia e coa anticipación necesaria para aprobar, neste mes de setembro, os presupostos do 2017”.

Agora, dixo Baltar, “está en xogo Galicia, seguir facendo Galicia, que é o que nos une a todos, e para iso temos un equipo moi importante e o mellor candidato á Xunta, cos que acadaremos o reto de alcanzar unha nova maioría absoluta”.

O acto celebrado en Maceda incluíu no seu programa a intervención, en dous paneis, de sete alcaldes galegos entre os que se atopaba o rexedor da capital da provincia ourensá, Jesús Vázquez, que no seu panel estivo acompañado polo alcalde de Outeiro de Rei, José Pardo, e as alcaldesas de Melide, Dalia García, e de Mos, Nidia Arévalo.

Jesús Vázquez avogou por facer entender aos veciños unha mensaxe de esforzo e dedicación aos seus problemas, “lonxe de liortas ou diferencias políticas, dicíndolles que só hai un partido que está a altura do que precisa Galicia e ese é o PP”. Na mesma liña falaron os seus compañeiros, que pediron “o esforzo máis importante posible para conseguir esa terceira maioría absoluta que precisamos e que permitirá continuar coas políticas do mellor aliado para os concellos como foi o goberno de Feijoó”.

O segundo panel, no que participou o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, contou coa presenza dos alcaldes  de Porto do Son, Luis Oujo, e da Cañiza, Miguel Adolfo Domínguez, así como tamén a rexedora de Folgoso do Courel, Dolores Castro. Desta volta houbo referencias aos concellos como exemplo de política pegada á rúa e básicos para a prestación de servizos, sexan do ámbito rural ou pesqueiro, con persoas implicadas e dedicadas aos seus vecinos como son os alcaldes e unha administración colaboradora como a Xunta.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: