Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 A Xunta Electoral ordena a retirada inmediata de pancartas do PSOE en Ramirás pedindo o voto e abre un expendiente

Imprimir ppou - 02-Septembro-2016 - 17:28:43 



• A resolución parte dunha denuncia do Partido Popular de Ourense por vulnerar a lei electoral, que prohibe a difusión de publicidade ou propaganda electoral , que só pode realizarse nos quince días estrictos da campaña.

• Os populares expresan o seu máis absoluto rexeitamento ao continuo desprezo que os socialistas están a facer da lei electoral, e polo tanto do xogo democrático, con antecedentes nas xerais de xuño polas que foi sancionado o alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez.

Ourense, 2 de setembro de 2016.- A Xunta Electoral de Ourense ordenou hoxe a retirada inmediata das pancartas colocadas polo partido socialista en Ramirás, nos lugares de O Pambre, O Picouto e O Viso, co lema “VOTA PSOE”, así como abrir un expediente sancionador.  A resolución parte da denuncia presentada onte polo Partido Popular de Ourense contra o PSdeG-PSOE de Ramirás, na persoa da súa responsable local, Isabel Gil Álvarez, tras comprobar a presenza dos citados soportes “o que supón unha evidente vulneración da lei electoral que prohibe calquera tipo de publicidade ou propaganda fora dos quince días estrictos de campaña”.

A denuncia do PP indica que a día 1 de setembro, oito días antes do inicio da campaña, estaban instaladas nos mencionados lugares pancartas nas que se pedía de modo directo o voto (achéganse imaxes), polo que “estamos ante unha actividade de difusión de publicidade ou propaganda electoral en data prohibida”, ata o inicio da campaña.

O PP subliña que se están a infrinxir os artigos 51 e 53 da lei electoral. O primeiro deles en tanto que sinala que “a campaña electoral comeza o día trixésimo octavo posterior á convocatoria”, que desta volta se corresponde coas 00.00 horas do venres día 9 de setembro. O segundo dos artigos deixa claro que “dende a convocatoria das eleccións ata o inicio legal da campaña queda prohibida a realización de publicidade ou propaganda electoral mediante carteis ou soportes comerciais”.

O Partido Popular destaca que a Xunta Electoral Central xa se pronunciou no seu momento sobre este tipo de situacións, indicando que a publicidade debe ser inmediatamente retirada “sendo en todo caso responsable o candidato ou formación política á que se refira a propaganda”.

Na súa denuncia,  o PP reclamaba a imposición da sanción prevista no artigo 153.1 da lei electoral, na que se establecen multas de 300 a 3.000 euros se se trata de autoridades ou funcionarios e de 100 a 1.000 euros no caso de particulares.

O Partido Popular expresa o seu máis absoluto rexeitamento ao continuo desprezo que os socialistas están a facer da lei electoral, e polo tanto do xogo democrático, como así queda acreditado na recente sanción imposta a Ignacio Gómez, alcalde de Ribadavia, e o seu concelleiro de Facenda, Javier Iglesias, por presentar proxectos en pleno periodo electoral.

Recurso ante o Tribunal Constitucional
O Partido Popular decidiu, por outra banda, interpoñer un recurso de amparo diante do Tribunal Constitucional logo de que o xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense desestimase hoxe un recurso contra o acordo do 29 de agosto da Xunta Electoral Provincial, no que proclamaba a lista de candidatos de En Marea por Ourense para as eleccións autonómicas.

Para o Partido Popular, este acordo aceptou erróneamente a candidatura de David Rodríguez, como número dous da lista, cando incurría nunha patente causa de inelexibilidade. Segundo o recurso do PP, nin cando se presentou a lista de En Marea na Xunta Electoral para a súa proclamación nin cando rematou o prazo de subsanación de deficiencias se producira o necesario acordo do pleno municipal de toma de coñecemento da renuncia, acordo sen o que non é efectiva.

Aínda máis, cando o 22 de agosto este partido presentou na Xunta Electoral a lista de candidatos achegouse unha declaración xurada na que David Rodríguez aseguraba non estar incurso en causa de inelexibilidade.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: