Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar: “Imos a polos oito deputados e non descartamos o noveno porque Ourense e Galicia o merecen”

Imprimir ppou - 23-Agosto-2016 - 17:26:57 



• O Partido Popular de Ourense presentou no balneario de Arnoia á candidatura ás eleccións do 25-S no decurso dunha reunión da xunta directiva á que asistiu o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoó.

• O presidente provincial reclamou o esforzo de todos os populares para conseguir unha terceira maioría absoluta e “dar unha lección a España, porque non podemos estar instalados na incertidume”

• Marisol Díaz, que presentou aos seus compañeiros de lista, afirmou sentirse con toda a ilusión, todo o ánimo e toda a forza para axudar a construír unha Galicia e un Ourense do futuro”.

Ourense, 23 de agosto de 2016.- O Partido Popular de Ourense ten como único obxectivo conseguir de novo oito deputados “pero non descartamos o noveno porque Ourense e Galicia o merecen”, dixo hoxe o presidente provincial dos populares, Manuel Baltar, no decurso da xunta directiva celebrada no balneario de Arnoia e na que, coa presenza do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoó, se presentou  a candidatura coa que o PP ourensán concorrirá ás eleccións do 25-S.

Manuel Baltar reclamou o esforzo de todos os populares para conseguir unha terceira maioría absoluta e “dar unha lección a España, porque non podemos estar instalados na incertidume e necesitamos alguén que teña un proxecto de país, como o así o demostrou Feijoó”.

O presidente provincial, que loubou o escenario da reunión como exemplo de cooperación entre os gobernos provincial e autonómico para dar pulo ao termalismo deportivo e o plan termal de Ourense, afirmou que “somos os populares, os que grazas aos ourensáns formamos gobernos sólidos e con proxectos, os que estamos chamados a seguir realizando o traballo que estivo a facer o noso presidente galego”.

A convocatoria de hoxe, dixo, “permítenos poñer de manifesto a forza deste partido, que se expresa coas persoas que integran esta candidatura, cun programa e co apoio masivo que o 25 de setembro recibiremos dos ourensáns”.

“É un orgullo para todos nós a número uno desta candidatura -sinalou Baltar en referencia a Marisol Díaz- e o resto dos homes e mulleres que a acompañan porque son os mellores e os que representarán dignamente a Ourense”.

Para Manuel Baltar este é “un momento sobradamente importante para Galicia e para agradecer e recoñecer a Alberto Núñez Feijoó que se poña novamente a disposición do partido, por obter a confianza unánime no congreso autonómico celebrado en Ourense e por ter forzas e proxecto para conseguir unha terceira maioría absoluta”.

Con anteriodade á intervención do presidente provincial, Marisol Díaz Mouteira, número uno da candidatura do PP ourensán, foi a encargada de presentar ao resto dos populares que lle acompañan na lista, “que teñen toda a ilusión, todo o ánimo e toda a forza para construír unha Galicia e un Ourense do futuro”.

Marisol Díaz, que agradeceu o compromiso que no seu día aceptaron as personas que non repiten na candidatura, dixo sentirse segura de que “pola parte que nos toca, os ourensáns apostaremos por unha Galicia mellor, a Galicia que representa o Partido Popular e Alberto Núñez Feijoó”.

Díaz Mouteira aproveitou a presenza dos alcaldes populares para pedir un novo esforzo “para conseguir que os nosos vecinos volvan a confiar de modo maioritario nos populares”. Unha chamada “á estabilidade, á seguridade e a continuar polo camino da recuperación que ofrece o PP fronte a aos populismos e aos experimentos, fronte a outras formacións que sen ideas nin proxectos só pensan en que Feijoó non siga na Xunta”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: