Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O alcalde de Ribadavia permanece impasible ante o vertedoiro ilegal da Quinza

Imprimir ppou - 18-Agosto-2016 - 00:47:22 



• O grupo popular solicitou en varias ocasións o selado deste vertedeiro sin que o goberno municipal teña atendido estas solicitudes
• A sensación de desleixo e abandono faise patente noutros puntos do concello como o casco histórico e as áreas recreativas do rural.

Ribadavia, 17 de agosto de 2016.- O alcalde de Ribadavia e o seu goberno permanecen impasibles ante a proliferación de vertedeiros descontrolados. O grupo popular solicitou en varias ocasións o selado dun vertedeiro na localidade de A Quinza, debaixo do viaduto da A-52.

A proliferación deste tipo de vertedeiros amosa o absoluto desleixo e a preocupante inoperancia do alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez, que coa súa actitude está a convertir a Ribadavia na cloaca da comarca do Ribeiro.

O voceiro popular, César Fernández, sinalou que “esta sensación de desleixo e abandono faise patente tamén noutros puntos do concello coma o casco histórico, a alameda, ou as áreas recerativas do rural”. Fernández salientou que “a pasividade do alcalde está provocando un profundo deterioro da imaxe de Ribadavia, xa que os vertedeiros conviven con mobiliario urbano destrozado, suciedade nas rúas do rural, pois o goberno incumple a moción aprobada en pleno a instancias do PP para ampliar o servizo de limpeza viaria ao medio rural, aceras destrozadas e un longo etcétera”.
O voceiro popular sinalou que “estamos ante un goberno e un alcalde que, debido á súa inoperancia, estanse a convertir nun verdadeiro problema para a veciñanza de Ribadavia”.

Asemade, Fernández salientou que “é lamentable que o alcalde de Ribadavia permaneza de brazos cruzados ante situacións coma esta, denunciada en numerosas ocasións pola oposición. Se o señor Gómez se ve superado polos acontecementos, o mellor favor que lle podía facer á veciñanza de Ribadavia era recoñecer a súa incapacidade e a do seu goberno e dimitir inmediatamente para poñer fin a esta situación de absoluta inanición na que está afundido o concello”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: