Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Jorge Pumar acusa ao voceiro socialista de ignorante polo descoñecemento do proceso de presentación de mocións nas comisións

Imprimir ppou - 20-Xullo-2016 - 20:40:34 


• O vicepresidente segundo da Deputación subliña que o deputado da oposición comezou a súa intervención, como se pode comprobar na web da institución, “cunhas palabras que compartimos ao cen por cen: eu non entendo nada”.

• O  propio voceiro socialista, engadiu Pumar, recoñeceu que o seu grupo, que agora ten máis medios e persoal que nunca, andivo a correr para presentar as súas propostas.

Ourense, 20 de xullo de 2016.- “O voceiro socialista na Deputación está amosar un nivel de ignorancia e unha capacidade de manipulación que supera todos os límites”, afirma o vicepresidente segundo da institución provincial, Jorge Pumar, logo da reacción do deputado do PSOE na comisión de Transparencia celebrada esta tarde.

Jorge Pumar foi rotundo ao rexeitar o comportamento do representante da oposición, “que non é quen de comprender nin o que el mesmo di nas súas intervención ao recoñecer que non entende nada, tal e como dixo textualmente”.

Explica o vicepresidente segundo que a moción foi presentada polo grupo socialista fora de prazo, é dicir, unha vez xa convocada a comisión de Transparencia, “tal e como acreditou o funcionario-secretario da comisión”. Na convocatoria desta tarde, engadiu, rexeitouse a urxencia da moción, “urxencia recoñecida por certo no propio texto da proposta socialista”.

Jorge Pumar subliña que o deputado da oposición apela a unha circular da presidencia sobre a presentación de mocións “tratada varias veces en xunta de portavoces, nas que el estivo presente, pero que ou non alcanza a comprender ou, o que é máis grave, pretende manipular ao seu antoxo”.

Lembra Pumar que neste mandato os grupos políticos representados na Deputación teñen máis medios e persoal que nunca para facer o traballo político, “polo que non é admisible que se presenten mocións que poden ser traballadas e tratadas coa debida antelación baixo unha pretendida urxencia”.

Aínda máis, o propio voceiro socialista “quedou en total evidencia ao recoñecer, textualmente, que andiveron correndo no mesmo día para levar a moción á comisión”.

Para Jorge Pumar, a única incompetencia e demostración da máis absoluta falta de respecto polas institucións é a que está a facer o deputado da oposición, facendo unha política baseada na mentira e na crispación.

“O nivel da súa incompetencia –engadiu- queda demostrado na súa oposición a un investimento de 2,7 millóns de euros que mesmo beneficia aos concellos do seu partido, como é o caso de Castrelo do Val, para velorios, ou no caso do seu propio municipio, Ribadavia, para a Festa da Historia, o que referenda que estamos a falar do peor alcalde que tivo esta vila, o máis caro, o que máis cara ten e o máis ignorante”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: