Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar: “a maioría absoluta e a estabilidade que gozamos na Deputación e na Xunta son o espello do goberno que queremos para España”

Imprimir ppou - 24-Xuño-2016 - 12:16:17 



• O presidente provincial reclamou no mitin central celebrado en Ourense o “voto da confianza” para o Partido Popular, “que nos permita desenvolver con garantías o noso proxecto político, centrista, reformista e galeguista”.

• Miguel Ángel Viso defendeu a credibilidade do programa popular, que se basea en “escoitar á xente e deseñar un proxecto de goberno e de país que xira en torno á creación de traballo”.

• Miri Barreira pediu que na xornada de reflexión se valoren feitos e non propostas enganosas como as de Podemos, “que debuxan un país de ficción que podería acabar en pesadelo”

Ourense, 23 de xuño de 2016.- Para o presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar, o próximo domingo non pode haber dúbidas sobre o modelo de goberno que os cidadáns precisan para España e que ten o seu espello “na maioría absoluta e a estabilidade da que gozamos na Deputación e na Xunta de Galicia”. Manuel Baltar lanzou esta mensaxe aos afiliados, simpatizantes e ourensáns que esta tarde acudiron ao mitin central que os populares de Ourense celebraron no pavillón dos Remedios da capital.

Na compaña do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoó, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e os candidatos ao Congreso e ao Senado, Miguel Ángel Viso e Miri Barreira, o presidente provincial pediu o “voto da confianza” para o Partido Popular. Unha confianza, dixo, “que nos permita desenvolver con garantías o noso proxecto político, centrista, reformista e galeguista”.

Manuel Baltar afirmou sentirse orgulloso dos ourensáns, que fronte á incertidume e á inestabilidade que procuran outras formacións “demostran elección tras elección que coñecen e valoran o traballo que estamos a facer desde o Partido Popular nas institucións nas que gobernamos”.

“Temos una visión da política con maiúsculas, da política da xestión e da política da innovación -engadiu- porque hoxe os cidadáns reclaman propostas concretas, eficiencia e eficacia no investimento do diñeiro público e novas accións que respondan ás novas necesidades da sociedade”.

Na súa intervención, Miguel Ángel Viso, o cabeza de lista ao Congreso, defendeu a credibilidade do programa popular, que fixo o que non están a facer os outros partidos: “escoitar á xente, comprender que non hai outra preocupación maior que a falta de emprego e deseñar un proxecto de goberno e de país que xira en torno á creación de traballo e non de máis impostos para pagar as pensións, como ameazan os socialistas”.

Miguel Ángel Viso amosouse convencido de que o próximo domingo Ourense voltará a dar una lección a aqueles que ven estas eleccións como un simple medio para alcanzar o poder, “sen respectar a decisión dos cidadáns, que en decembro xa apostaron maioritariamente polo PP, pero que impediron con súa ansia de mandar que gobernáramos”.

“Temos nas nosas mans a posibilidade de dar un formidable salto adiante ou comprobar como se liquidan todas as políticas que desde o 2011 evitaron o rescate de España e nos situaron na senda do crecemento”, advertiu entre tanto Miri Barreira, que encabeza a lista popular ao Senado.

A piques de rematar a campaña electoral, Miri Barreira pediu aos ourensáns que na xornada de reflexión valoren feitos e non propostas enganosas como as de Podemos, “que carecen de toda experiencia e debuxan un país de ficción que podería acabar en pesadelo”.  Por iso, engadiu, “todos aqueles que desexen un país de convicencia, cun goberno en positivo, con Diputacións que axuden aos pequenos concellos, con concellos pequenos que axuden aos seus veciños, e una España unida e diversa, teñen que votar o domingo ao PP”.

Visita de la ministra de Agricultura
Con anterioridade ao mitin central, os populares ourensáns acompañaron á ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, a unha visita á Cooperativa do Ribeiro, na que estiveron presentes o presidente provincial, Manuel Baltar, os candidatos Miguel Ángel Viso, Celso Delgado, Miri Barreira e Francisco José Fernández, a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o voceiro do PP en Ribadavia, Cesar Fernández.

Xunto coa vicepresidenta da Cooperativa, Concepción Iglesias, e o director técnico da adega, José González, a ministra fixo un percorrido polas instalacións, no que se lle explicou as diferentes fases polas que pasa a uva ata a elaboración do viño.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: