Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 “Ourense precisa da experiencia e enerxía de Ana Vázquez para loitar en Madrid pola nosa provincia”, afirma Manuel Baltar en Bande

Imprimir ppou - 23-Xuño-2016 - 10:04:21 



• “Temos demostrado que somos un partido forte, con actividade constante por toda a provincia e ese dinamismo, non só en campaña electoral, é o que nos converte nunha forza de goberno”, subliñou o presidente provincial.

• Miri Barreira pediu a reflexión do voto para evitar que Podemos goberne “a calquera prezo, mesmo mudando as súas propostas cando lle convén, como fai co referendum catalán”.

Ourense, 22 de xuño de 2016.- O presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar, fixo hoxe un recoñecemento ao labor desenvolvido pola candidata ao Congreso, Ana Belén Vázquez, nas pasadas lexislaturas, reclamando o voto maioritario dos ourensáns ao PP co fin de recuperar a súa experiencia e enerxía “para loitar en Madrid polo progreso económico e social da nosa provincia”. Manuel Baltar pediu o apoio do electorado para conseguir o terceiro representante por Ourense no Congreso no mitin que os populares celebraron esta tarde en Bande, coa presenza do conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e do alcalde da vila, José Antonio Armada.

A cinco días da xornada electoral e coas enquisas coincidindo en sinalar o trunfo do PP, Baltar advertiu que non abonda con ser a forza política máis votada, “senón que compre reunir o apoio masivo dos ourensáns en torno á nosa candidatura, para que coa aportación de tres representantes en Madrid o Partido Popular sexa quen de formar un goberno”.

Os populares de Ourense, dixo o presidente provincial, “temos demostrado que somos un partido forte, con actividade constante por toda a provincia e ese dinamismo, non só en campaña electoral, é o que nos converte nunha forza de goberno”. As demais formacións, engadiu, “case que nin se moven durante a campaña e só aspiran a apartar ao PP para gobernar eles buscando pactos imposibles”.

Ana Belén Vázquez non deixou pasar a ocasión de agradecer as verbas do presidente, pero tamén “todo o apoio e mailo cariño que sempre tivestes conmigo”, dirixíndose directamente aos seus veciños.

Vázquez, que tamén reclamou o apoio maioritario, lembrou que votar a outras forzas, nomeadamente a Ciudadanos, “é tirar o voto en Ourense, como tamén noutras vinte e cinco provincias españolas”. Un voto de nula utilidade porque, entre outras cousas, “Rivera non despexa dúbidas co seu programa, máis ben preocúpanos, mentres que no PP somos claros ao comprometernos en seguir traballando para solucionar unhas das principais preocupacións do cidadáns: o desempleo”.

Tamén participou no mitin de Bande a candidata ao Senado Miri Barreira, que insistiu nas únicas dúas opcións que teñen os cidadáns o próximo domingo: “votar ao PP apostando polas oportunidades en España ou votar a outros partidos aumentando as opcións de que goberne Podemos”. 

Miri Barreira pediu a reflexión do voto para que se teña en conta o verdadeiro obxectivo de Podemos, “que non é outro que chegar ao poder a calquera prezo, mesmo mudando as súas propias propostas cando lle convén, como fai cando di que o referendum catalán é innegociable e logo afirma que pode quedar noutra mesa”.

Visita e mitin no Couto
A xornada electoral deste mércores tamén tivo o seu protagonismo na cidade, en particular no barrio do Couto, ata onde se desprazou o candidato ao Congreso, Celso Delgado, na compaña do alcalde, Jesús Vázquez, e do representante neste distrito, Aurelio Gómez Villar, para visitar o barrio e celebrar un mitin. 


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: