Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP de Carballeda de Avia denuncia a mala calidade do material empregado no asfalto das estradas

Imprimir ppou - 07-Maio-2010 - 00:30:28 

O portavoz municipal do Partido Popular no Concello de Carballeda de Avia, Lorenzo González Rodríguez, critica o comportamento “de deixamento e ineficacia que a corporación local, liderada polo alcalde Luís Milia, esta tendo coas infraestruturas e obras do concello”.
Segundo o voceiro municipal Popular, este comportamento obsérvase sobre todo naquelas obras que non son realizadas polos traballadores do concello, “nas cales o alcalde toma unha postura “pasota”, xa que semella que recibe as obras sen ver se están correctamente realizadas e sen analizar a calidade dos materiais empregados”. Unha proba diso é o asfaltado da estrada que comunica Carballeda de Avia con San Esteban, Vilariño, Saa e Vilar de Condes. “Un tramo desta estrada, situado en Carballeda de Avia foi asfaltado en numerosas ocasións,  a última hai un par de meses, e en todas elas o asfalto, ou composto similar empregado, sempre se deteriorou polo paso continuado de turismos e camións,  pola calor dos meses de verán, e semella en definitiva que debido á mala calidade do material empregado”, explica Lorenzo González.

O voceiro Popular cualifica de “vergoña” que o alcalde non faga nada para remediar o problema, “limitándose a escurrir o vulto e culpar de todo ás persoas que fan as obras, cando el debería ser o garante de que os dereitos, a calidade de vida e o diñeiro dos seus veciños non se vexan menoscabados por obras inoperantes”. E engade que Luis Milia “debería ter a valentía de asumir a súa culpa e solicitar que as obras que se realicen no municipio se fagan só con materiais de primeira, xa que os veciños o merecen”.

O Partido Popular esíxelle ao alcalde que vele polos intereses dos veciños e que solucione definitivamente o problema do asfaltado nese tramo da estrada para o correcto uso e goce dos seus usuarios.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: