Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP creará unha Concellería da Xuventude para afrontar as principais necesidades da mocidade de Ourense

Imprimir ppou - 19-Decembro-2010 - 15:37:24 

Afrontar os problemas que ten a mocidade en Ourense, como son principalmente o emprego e o acceso á vivenda, e darlle aos xóvenes a posibilidade de contar co apoio institucional que durante estes anos de bipartito se lle negou dende o goberno municipal ao non ter un área específica para os mozos e mozas, é a principal conclusión do encontro sectorial que hoxe mantivo o candidato á Alcaldía de Ourense, Rosendo Fernández, con colectivos de xóvenes da cidade de Ourense.
No acto, coordinado polo membro de Novas Xeracións José Estévez, participou tamén o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, quen anunciou que o PP "vai crear no Concello de Ourense unha Concellería da Xuventude cando Rosendo Fernández asuma a responsabilidade do goberno local, logo das eleccións do vindeiro mes de maio, porque é necesario e fundamental que os xóvenes dispoñan dun ente municipal específico que se ocupe dos seus problemas e que saiba xestionar as demandas que ten a nosa mocidade".    

Tanto Manuel Baltar como Rosendo Fernández puxeron en evidencia que tanto PSOE como BNG "viviron estes anos de costas aos xóvenes, pois non puxeron en marcha ningunha iniciativa eficaz que permita frear o elevadísimo índice de paro da xuventude nin tampouco foron capaces de liderar proxectos que ofrezan confianza e ilusión para un dos colectivos sociais máis castigados, como son os xóvenes", dixo Rosendo Fernández.
A futura Concellería da Xuventude tería como primeiros obxectivos o desenvolvemento de programas para o fomento do emprego e mellores condicións para o acceso á vivenda, así como a posta en marcha dunha iniciativa que favoreza a xestión de alugueres para xóvenes, realizando a Concellería da Xuventude unha labor de intermediación entre propietarios e inquilinos para facilitar os trámites. Tamén se acordou a posta en marcha dun foro de comunicación entre empresarios e xóvenes, para poñer en contacto estas dúas realidades directamente relacionadas co emprego.No decurso do encontro sectorial debatéronse dous comunicados presentados polos xóvenes, referidos a emprego e vivenda. No primeiro deles analizouse a grave situación de desemprego xuvenil na sociedade, que afecta a máis do 40% dos xóvenes menores de 30 anos, a maior de Europa; e en materia de vivenda os xóvenes demandan un maior parque de vivenda oficial en Ourense e maior flexibilidade nos préstamos para favorecer o acceso á vivenda.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: