Noticias
Blog
O PP de Ourense, pioneiro en formación sobre "Política e Social Media"
A Área de Formación do PP de Ourense organizou hoxe na sede do PP de Ourense un Seminario sobre Política e Social Media. Dentro das actividades do Centro de Formación e Estratexia "Roberto Padilla", cargos públicos e candidatos nas vindeiras municipais participaron nunha xornada formativa sobre a situación actual do mundo da política nas redes sociais. Impartida polos consultores Fernando Gómez e Patrick Berry.
A sesión de traballo foi inaugurada polo secretario xeral do PPOU, Rosendo Fernández e clausurada polo presidente provincial, Manuel Baltar, reunindo a máis de setenta cargos representativos do partido especialmente activos no eido da intelixencia tecnolóxica.
A importancia da época de Internet 3.0 na que estamos adentrándonos, a evolución social e tecnolóxica, a presenza nas redes sociais, a actualización de contidos e a intercomunicación foron aspectos que centraron boa parte das exposicións e coloquios posteriores. O PP de Ourense conta cunha Área de Intelixencia Tecnolóxica dentro da estructura da organización, que abrangue, entre outras cuestións, o funcionamento do portal web desta forza política (www.ppou.es) que recibíu xa máis de 60.000 visitas en poucos mese de funcionamento.
Na web popular, referente xa no ámbito galego, pódese apreciar a actividade diaria do partido na provincia, seguir a axenda dos seus principais líderes, consultar documentación organizativa e mesmo facer trámites cidadáns como reservar hora para pasar a ITV dun vehículo, pedir cita previa no Sergas ou facer trámites ante Tráfico ou para a renovación do DNI.
"Wikiconvención" popular
Manuel Baltar, que xestiona unha web propria dende hai seis anos e lidera o apartado da comunicación política en internet, reivindicou "o importantísimo peso da rede de redes tamén no ámbito político", fronte ao descenso dos tradicionais medios de comunicación. "O cidadán demanda resposta rápida, presenza activa, posicionamento rotundo, respostas, saber que os seus representantes ocúpanse por sí mesmos desta importante tarefa de comunicación".
Aproveitou tamén o líder popular ourensán para anunciar que na vindeira Convención Nacional do PP en Sevilla, do 21 ao 23 de xaneiro de 2011, porase en marcha a chamada "Wikiconvención" para os que non asistan personalmente poidan participar nos debates e estar en primeira liña de discusión dos temas que protagonicen o contido político desa importante cita popular.