Noticias
Blog
O PP de Esgos presenta a Mario Rodríguez como candidato a Alcaldía do municipio
Hoxe tivo lugar en Esgos, coa asistencia do presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar, unha xuntanza da Xunta Local, no decurso da cal o actual alcalde popular, Manuel Blanco Pérez, anunciou aos seus compañeiros de partido a súa decisión de non repetir como candidato nas vindeiras eleccións municipais de maio de 2011. Tralo agradecemento dos compañeiros do PP a Manuel Blanco, polo seu tempo na Alcaldía e as dúas maiorías absolutas conseguidas nos comicios municipais de 2003 e 2007, a formación elixíu por unanimidade a Mario Rodríguez, actual presidente da Xunta Local, como cabeza de lista para a vindeira convocatoria electoral.
Todos os presentes felicitaron a Manuel Blanco pola súa etapa como alcalde-presidente do concello, mandato que cumplirá ata o final, e loubaron a súa política municipal de contención do gasto e os proxectos que foi quen de executar nestas dúas lexislaturas, cumprindo integramente os programas electorais que lle outorgaron a confianza maioritaria dos cidadáns.
Manuel Baltar, tamén concelleiro en Esgos, dixo que o traballo de Manuel Blanco "cimentou logros fundamentais para o futuro desenvolvemento do concello como a aprobación do plano xeral de urbanismo ou o remate da residencia de maiores, e a súa adicación, o esforzo realizado e o seu vindeiro labor de continuidade apoiando o proxecto político popular en Esgos, van seguir sendo un referente".
Mario Rodríguez preséntase a estas eleccións "coa ambición de seguir ampliando a base electoral popular en Esgos", cun proxecto "feito entre todos os veciños" para que Esgos aproveite a súa situación xeoestratéxica de proximidade á capital da provincia. Mario Rodríguez agradeceu o apoio unánime da militancia popular e da Dirección Provincial do partido e prometeu poñerse a traballar xa, para non defraudar as expectativas que a candidatura popular xenera sempre entre as veciñas e veciños de Esgos. Asemade, anunciou a inminente posta en marcha de equipos de traballo, por parroquias e núcleos de poboación, para seguir traballando por Esgos e o seu desenvolvemento, en estreita relación co goberno municipal popular actual dirixido por Manuel Blanco.