Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP de Paderne, primeiro de Ourense en presentar a candidatura para as eleccións Municipais de 2011

Imprimir ppou - 12-Decembro-2010 - 15:46:06 

O Partido Popular de Paderne de Allariz foi a primeira formación política da provincia de Ourense en presentar a candidatura completa coa que concorrirá ás eleccións municipais de 2011. O cabeza de lista e actual alcalde de Paderne, José Manuel Fernández, dixo hoxe no acto de presentación ante uns 200 veciños: “O noso equipo non son só estes 19 nomes da lista, senón que son os centos de veciñas e veciños dos pobos do noso concello que queren o mellor para que este municipio siga crecendo e progresando”. O acto contou coa presenza do presidente provincial do PP, Manuel Baltar; membros do comité executivo provincial; o voceiro do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, Jesús Vázquez, ademais de alcaldes e concelleiros populares da contorna.


“Quixemos presentar a lista da candidatura –engadiu José Manuel Fernández- porque queremos ser tamén os primeiros en poñernos a traballar polo obxectivo de acadar novamente a Alcaldía de Paderne en maio de 2011. Queremos que o labor que vimos desenvolvendo nestes anos siga dando froitos que permitan levar a cabo novos proxectos polo benestar de todos”.

Férnandez destacou que ao longo desta lexislatura fixéronse investimentos nos 44 núcleos de poboación e creáronse máis de 130 postos de traballo. Asemade, fixo un balance das obras e servizos que se puxeron en marcha, tanto no que atinxe a obras de medio ambiente e infraestruturas como as relacionadas coas novas tecnoloxías, e afirmou que agora o obxectivo está posto no parque empresarial, no fogar de maiores, na ampliación da rede de transporte metropolitano, para que poida chegar tamén a Paderne, e anunciou que en xaneiro está prevista cerrar a compra de 6.000 m2 de terreo para a construción do novo centro médico.

O acto de presentación da candidatura abriuno a representante de Novas Xeracións Diana Pérez Fernández, quen agradeceu a José Manuel Fernández o traballo desenvolvido ao longo destes anos “tanto a prol da xuventude como da xente maior, pois ten potenciado iniciativas nos eidos cultural, deportivo e de servizos sociais que lle deron ao noso concello un pulo importante na atención dos maiores e na realización de actividades destinadas á mocidade”.

O presidente provincial do PP, Manuel Baltar, pechou o acto destacando “a inmensa confianza” que os veciños de Paderne teñen depositado no seu alcalde e dende hoxe candidato ás eleccións de 2011. “Estou convencido de que José Manuel xunto co seu equipo saberán administrar, como xa o veñen facendo, ese gran caudal de apoio dos cidadáns de Paderne, para convertelo novamente no triunfo do partido máis importante e que máis apoios recibe sempre dos veciños: o Partido Popular”. Baltar dixo que o feito de ser o primeiro candidato que presenta a lista completa con tanta antelación “deixa ben ás claras o perfecto traballo organizativo e a gran ilusión que a xente ten depositada no proxecto do Partido Popular, algo que non é froito da impovisación: aquí hai equipo, hai ideas, hai proxecto e non hai dúbidas”.

Integrantes da candidatura

A candidatura do PP de Paderne para as eleccións municipais de 2011 está encabezada polo actual alcalde, José Manuel Fernández Gónez, seguido de José Abad Gil, Manuel Pérez Nóvoa, Ana Modesta Fernández Blanco, José Carlos Rodríguez Cid, Manuel Pato Tesouro, María Genoveva Naval Calvaño, José Antonio Bermejo Domínguez, María Josefa Blanco Gallego, María Josefa Borrajo Lois, María Gloria Candelas Delgado, Manuel Taboada Freitas, Dolores Babarro Fernández, Montserrat González Nieto, Yolanda Borrajo Quintas, María Asunción Borrajo González, Manue Gómez Rodríguez, Josefa Cid Roríguez e Daniel Espinosa Tesouro.




(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: