Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Jackeline Fernández Macías, elexida presidenta de Novas Xeracións da provincia de Ourense

Imprimir ppou - 11-Decembro-2010 - 22:24:54 

 Jackeline Fernández, entre Baltar e Dorado, xunto a novos membros da directiva e representantes populares.


Jackeline Fernández Macías foi elixida presidenta de Novas Xeracións da provincia de Ourense, no VII Congreso Provincial de NNXX que se celebrou no Centro Cultural e ao que asistiron perto de 200 xóvenes chegados de todos os concellos. Jackeline Fernández (1986) era a única candidata que se presentou ao congreso e acadou máis do 96% do apoio dos compromisarios. É diplomada en Empresariais e licenciada en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade de Vigo, e pertence a Novas Xeracións de Castrelo de Miño. No decurso do congreso presentáronse dous relatorios, referidos á situación da mocidade na provincia de Ourense, facendo especial fincapé na educación, na formación e no emprego.


O acto contou coa presenza do presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar, e co presidente de NNXX de Galicia, Javier Dorado, así como co presidente de honra do PP de Ourense, José Luis Baltar, e parlamentarios, deputados, alcaldes, membros do comité de dirección e da executiva popular, así como candidatos e afiliados do Partido Popular de Ourense.


Manuel Baltar destacou "a clara aposta polos xóvenes que fai o novo PP de Ourense, o que se vai ver reflictido nunha ampla renovación de candidatos ás vindeiras eleccións municipais, e coa incorporación de moitos xóvenes en diferentes postos de responsabilidade dentro do PP de Ourense". Neste sentido, Baltar anunciou que desde hoxe Jackeline Fernández pasa a ser membro do Comité de Dirección do PP de Ourense.


Pola súa banda, a nova presidenta de NNXX dixo asumir "con responsabilidade e agradecemento" esta nova e ilusionante etapa na súa vida política, afirmando que traballará para seguir mellorando "a gran organización xuvenil que é Novas Xeracións, co obxectivo de traballar todos xuntos por mellorar as condicións sociais, laborais, formativas e de todo tipo dos xóvenes da nosa provincia".

 

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: