Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar participa en Segovia no encontro de presidentes populares con Mariano Rajoy

Imprimir ppou - 08-Decembro-2010 - 16:58:04 

O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, participará mañán xoves e pasado venres, días 9 e 10 de decembro, en Segovia no IV Encontro de Presidentes Provinciais e Insulares con Mariano Rajoy. O obxecto central da convocatoria son as eleccións municipais e autonómicas a celebrar en 2011 e as propostas coas que os populares se presentarán diante dos cidadáns para recabala súa confianza e executar uns programas de goberno realmente participativos.

O líder do PP ourensán participará nos debates sobre aspectos organizativos e temas de comunicación política, expondo a estratexia aprobada polo comité executivo provincial na súa xuntanza do pasado mes de outubro de cara aos comicios municipais de maio de 2011. Manuel Baltar xa participara no anterior encontro de presidentes con Mariano Rajoy celebrado en Zaragoza (foto esquerda).

O PP de Ourense é a única forza política que conta con representantes en tódolos concellos da provincia, desenvolvendo na actualidade o goberno de 60 das 92 alcaldías e tamén a dirección política da única entidade local menor existente na provincia, a de Berán. Na actualidade o PP de Ourense conta con prácticamente tódolos cabezas de lista das súas candidaturas xa designados, cunha importante porcentaxe de renovación, preparando xa equipos de traballo e recibindo propostas cidadáns para incorporar aos programas electorais.

No IV Encontro de Presidentes Provinciais e Insulares participarán tamén Ana Mato -Vicesecretaria Xeral de Organización e Electoral-, Javier Arenas -Vicesecretario Xeral de Política Autonómica e Local- e Esteban González Pons -Vicesecretario Xeral de Comunicación-. No acto de clausura, que pechará Mariano Rajoy, intervirán tamén Juan Vicente Herrera -Presidente Autonómico do PP de Castela e León- e María Dolores de Cospedal- Secretaria Xeral do PP-.    

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: