Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O alcalde de Taboadela e Núñez Feijóo analizan os proxectos en servizos sociais e infraestruturas que necesita o municipio

Imprimir ppou - 07-Maio-2010 - 00:18:06 

O alcalde Popular do Concello de Taboadela, Manuel Galego Vila, reuniuse co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, para avanzar na execución dos proxectos municipais que precisan do respaldo do executivo autonómico. A creación de chan empresarial, coa posta en marcha do parque de Taboadela, constitúe un eixo de desenvolvemento do concello, proxecto que terá todo o apoio do goberno galego, segundo lle transmitiu Núñez Feijóo ao rexidor local.
Na axenda da reunión tamén figuraban as melloras viarias e de comunicación, e a colaboración na prestación de servizos sociais e actividades culturais, cunha especial significación na
potenciación turística da comarca.

Manuel Gallego cualificou o encontro co presidente da Xunta de “cordial e efectivo”, afirmando que o titular da Xunta “amosouse especialmente interesado en potenciar a superficie industrial e empresarial de provincia, algo que para os concellos situados ao redor da capital vainos supoñer un impulso importante e un dinamismo porque contribuirá a fixar poboación e industrias no noso contorno”, dixo o alcalde.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: