Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Rosendo Fernández defenderá ante o Parlamento o soterramento do AVE e a súa integración na cidade de Ourense

Imprimir ppou - 07-Decembro-2010 - 20:34:36 


O parlamentario do Partido Popular e candidato á Alcaldía de Ourense, Rosendo Fernández, defenderá o vindeiro 14 de decembro no Pleno do Parlamento de Galicia a postura do Grupo Parlamentario Popular en relación a entrada  a integración do AVE na cidade de Ourense.

O Grupo Popular incluíu na orde do día do Pleno do Parlamento Galego que se celebrará os vindeiros días 14 e 15 de decembro de 2010 unha proposición non de lei asinada polos parlamentarios ourensáns que insta á Xunta de Galicia a realizar xestións diante do Ministerio de Fomento e o Concello de Ourense para o asinamento dun convenio para a integración urbana do AVE na nosa cidade.  

Nas últimas semanas, Rosendo Fernández, acompañado polo presidente do PP de Ourense Manuel Baltar, mantivo diversas reunións de traballo en Madrid cos voceiros populares nas Cortes Xerais do Estado -Soraya Sáenz de Santamaría, no Congreso, e Pío García Escudero, no Senado- e tamén co presidente nacional do PP, Mariano Rajoy. Froito desas conversas presentouse unha nova batería de iniciativas en ámbalas dúas cámaras -Congreso e Senado-. Con idéntico contido rexistrouse no Parlamento de Galicia a que será obxecto de debate na sesión plenaria que comenza a vindeira semana.

Ninguén dubida de que a chegada da alta velocidade ferroviaria a Galicia determina para a cidade de Ourense un auténtico factor de desenvolvemento dada a súa situación xeoestratéxica. A proposta popular persegue a sinatura urxente dun convenio para a integración urbana do ferrocarril na cidade de Ourense que contemple, entre outros extremos a constitución dunha sociedade coa participación polo menos das administracións central, autonómica e local, que tería como obxectivo principal xestionar o desenvolvemento urbanístico e executar as obras de infraestructura urbán e de urbanización correspondentes aos solos incluidos no ámbito de actuación do convenio.

Tamén contempla o convenio o soterramento de todo o espacio ferroviario que comprende a actual estación de Ourense-Empalme, incluida toda a zona de talleres, co obxecto de liberar solo para adecualo ás necesidades futuras de Ourense no que atines a temas residencia, terciarios, rotacional, zonas verdes-deportivas e infraestruturas viarias.    

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: