Noticias
Blog
Multitudinario acto de presentación de José Sampayo como candidato á Alcaldía de Amoeiro
O Partido Popular de Amoeiro celebrou no restaurante Elvira o acto de presentación de José Sampayo como candidato do PP á Alcaldía de Amoeiro nas eleccións municipais de 2011. O acto contou coa presenza do presidente provincial, Manuel Baltar, membros do Comité Executivo do PP de Ourense e máis de 200 afiliados e simpatizantes populares de Amoeiro e a súa contorna, que encheron o salón no que José Sampayo proclamou que hoxe "comeza a andaina dun equipo que quere facer de Amoeiro un concello co que todos os veciños se sintan identificados. O proxecto non é -dixo Sampayo- do Partido Popular, senón de cada un dos cidadáns deste municipio, e por eles imos traballar rúa a rúa, casa a casa, pobo a pobo, para que entre todos levemos adiante este ilusionante proxecto".