Noticias
Blog
Rosendo Fernández releva a Enrique Nóvoa na Presidencia da Xunta Local do PP de Ourense
Na reunión da Xunta Local do PP de Ourense celebrada na sede provincial Rosendo Fernández asumíu a Presidencia dese órgano nunha sesión na que tamén participou o Presidente, Manuel Baltar. O relevo foi plantexado hai meses polo proprio Enrique Nóvoa a Manuel Baltar, que someteu esta sustitución ao Comité Executivo Provincial que a aprobou por unanimidade o pasado 18 de novembro. Rosendo Fernández comprometeuse a darlle un novo rumbo a este órgano na andaina popular para recuperar a Alcaldía da cidade de Ourense.