Noticias
Blog
Na sede do Partido Popular de Ourense tivo lugar a reunión da Xunta Directiva Provincial, coa presenza de Agustín Hernández. No decurso da reunión o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, fixo unha exposición referida ás actividades desenvolvidas polo partido nos últimos nove meses, e explicou a estratexia que os Populares van poñer en marcha de cara ás eleccións municipais de maio de 2011.
Tamén se referiu Manuel Baltar as presentacións de candidatos e constitucións de equipos de traballo que se están producir nos concellos da provincia, co obxectivo de conformar as mellores candidaturas para atender as demandas dos veciños dos nosos municipios.
A Xunta Directiva Provincial do PP de Ourense, constituída por máis de cen persoas, está formada polos membros do Comité Executivo do PP de Ourense, deputados autonómicos, nacionais, e provinciais, senadores, alcaldes e presidentes das xuntas locais do partido.