Noticias
Blog
Conferencia do fiscal Julián Pardinas en “Debate Popular", no Día internacional contra a violencia de xénero
A Área de Igualdade do Partido Popular de Ourense organizou no salón de actos de Caixa Galicia, en Ourense, unha conferencia-coloquio con gallo do Día internacional contra a violencia de xénero, que foi impartida polo fiscal de Violencia de Xénero da Audiencia provincial de Ourense, Julián Pardinas. O acto, enmarcado dentro do ciclo "Debate Popular", contou coa presenza do secretario provincial do PP de Ourense e candidato á Alcaldía, Rosendo Fernández, e coa responsable da Área de Igualdade do partido, María Antonia Rilo, que presentaron ao relator.
Julián Pardinas fixo un percorrido pola situación actual da violencia de xénero en Ourense, explicando a súa experiencia ao fronte da fiscalía especializada neste tipo de violencia. Destacou que fronte a estes episodios de violencia a educación nas familias xoga un papel fundamental, como tamén os medios de comunicación, para os que pediu máis ética e calidade nos contidos á hora de programar os seus espazos televisivos.