Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Comité de Dirección do PPOU comeza a planificar as reunións por partidos xudiciais de cara ás Eleccións Xerais

Imprimir ppou - 31-Agosto-2015 - 20:34:29 

  • Os populares ourensáns inician o curso político, como é tradición, coa Convención de Cargos Públicos de Os Milagros
  • Os membros do órgano de dirección do Partido Popular de Ourense mantiveron esta tarde unha reunión en Esgos

  • O presidente provincial, Manuel Baltar, destacou que "o PPOU está a pleno rendemento para volver a acadar unha importante victoria nas urnas nos vindeiros comicios"

Ourense, 31 de agosto de 2015.- O Centro Cultural "Parada Justel" de Esgos acolleu esta tarde a reunión do Comité de Dirección do PP de Ourense, retomando así a actividade orgánica do partido co inicio do curso político.

Na reunión, que estivo presidida polo presidente provincial, Manuel Baltar, comezáronse a planificar diversos actos e reunións preparatorias de cara aos vindeiros comicios, as Eleccións Xerais. Así, celebraranse reunións en cada partido xudicial da provincia para deseñar, conxuntamente co Comité de Campaña -o primeiro en constituirse de España o pasado 31 de xullo, e que estará coordinado polo secretario provincial do PPOU, Rosendo Fernández-, os actos electorais dos vindeiros comicios.

Tamén se abordou na reunión do Comité de Campaña o tradicional acto de inicio de curso político para os populares ourensáns, que terá lugar, como nos últimos cinco anos, en Os Milagros. Será a Convención de Cargos Públicos, que dará o pistoletazo de saída ao curso político, a partires da segunda quincena de setembro.

Na reunión do Comité de Dirección, o presidente provincial, Manuel Baltar, destacou que "o PPOU está a pleno rendemento para volver a acadar unha importante victoria nas urnas nos vindeiros comicios".


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: