Noticias
Blog
O PPOU constitúe o primeiro Comité de Campaña de España para as vindeiras Eleccións Xerais
- O responsable político do comité será Manuel Baltar, con Rosendo Fernández como coordinador de campaña e Jorge Pumar como coordinador de organización
- O responsable da campaña na cidade será Jesús Vázquez
- Manuel Baltar recalcou que "o PPOU traballa coa mesma intensidade haxa ou non eleccións á vista, de aí que podamos estar perfectamente organizados para constituir o primeiro Comité de Campaña de España para as vindeiras Eleccións Xerais"
Ourense, 31 de xullo de 2015.- O Partido Popular de Ourense ven de constituir o primeiro Comité de Campaña de España de cara ás vindeiras Eleccións Xerais, pendentes aínda de data para a súa celebración.
A sede do PPOU acolleu esta tarde a reunión constitutiva deste equipo de traballo, encargado de deseñar a próxima campaña electoral dos populares e de planificar e organizar a súa execución.
Tal e como recalcou o presidente provincial, Manuel Baltar, durante a reunión cos integrantes do Comité de Campaña, "o PPOU traballa coa mesma intensidade, haxa ou non haxa eleccións á vista, de aí que podamos estar, como de feito estamos, perfectamente organizados para constituir formalmente o primeiro Comité de Campaña de España para as vindeiras Eleccións Xerais".
Manuel Baltar incidiu tamén en que o PP de Ourense "é unha forza política que ten o seu maior activo nas persoas que a conforman, algo que queda reflexado na composición do Comité de Campaña".
A composición do Comité de Campaña para as Eleccións Xerais 2015 é a seguinte:
Responsable político: José Manuel Baltar Blanco
Coordinador de campaña: Rosendo Luis Fernández Fernández
Coordinador de organización: Jorge Pumar Tesouro
Xerente de campaña, responsable de publicidade, medios e publicidade exterior: Luis Manuel Vergara Gómez
Responsables do Programa Electoral e Argumentos: Cristina Isabel Romero Fernández, César Manuel Fernández Gil, Moisés Blanco Paradelo, Ana María Villarino Pardo
Responsable de Formación: César Blanco Gómez
Responsable de Interventores y Apoderados: María Feliciana Dacoba Pérez
Responsable de Mailing: Montserrat Lama Novoa
Responsable de Transparencia: Mónica Mourelo Pérez
Responsable de Asesoría Jurídica: Carmen Carballo Fernández
Responsable de Prensa: Lorena Crespo Martín
Responsable de Actos Públicos: Pablo Pérez Pérez
Responsable de Actos Sectoriales: Miguel Ángel Santalices Vieira
Responsable Campaña Dirigentes Nacionales: Celso Luis Delgado Arce
Responsable Voto por Correo: Ana Belén Vázquez Blanco
Responsable Voto CERA y Voto Exterior en España: Antonio Rodríguez Miranda
Responsable de NNXX: Jackeline E. Fernández Macías
Responsable de Movilización Electoral: María del Carmen Leyte Coello, Argimiro Marnotes Fernández, Avelino García Ferradal
Responsables de Novas Tecnoloxías e Redes Sociais: Patricia Domínguez Barja e Lorena Crespo Martín
Responsable Ourense Cidade: Jesús Vázquez Abad