Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Os cargos do PP na oposición estudian estratexias conxuntas para potenciar o seu traballo nos concellos

Imprimir ppou - 07-Maio-2010 - 00:04:24 

O Partido Popular de Ourense constituirá hoxe xoves, ás 20.30 horas, en Castro Caldelas, coa presenza do presidente provincial, Manuel Baltar, o Comité de voceiros municipais na oposición do PP de Ourense, un órgano que ten como obxectivo dar “un tratamento diferenciado” á actuación política dos concellos onde o Partido Popular é oposición. Nesta primeira reunión do comité, á que están convocados todos os portavoces do PP que están na oposición nos concellos de Ourense, trataranse conxuntamente os problemas que supón a labor de oposición, facilitando a posta en común da súa situación e o plantexamento de propostas que melloren o funcionamento da eficiencia política do Partido Popular.
Manuel Baltar considera que para servir mellor aos veciños dos nosos concellos, “debemos estruturar e coordinar axeitadamente as iniciativas e propostas dos nosos alcaldes e voceiros municipais para que exista unha verdadeira planificación das necesidades dos concellos”. Engade o presidente provincial do PP que iso só pode facerse “se diferenciamos por número de habitantes as entidades municipais, porque non son os mesmos os problemas que ten a capital ourensán que as vilas ou os concellos pequenos”.

A creación do Comité de voceiros na oposición é unha das propostas electorais que Manuel Baltar levou no seu programa, que recibiu o respaldo maioritario nas eleccións á Presidencia do PP de Ourense, celebradas o pasado 30 de xaneiro. Nesta liña de achegamento á política municipal, está prevista tamén a creación de tres comités de alcaldes e voceiros municipais: un abranguerá representantes de concellos de máis de 5.000 habitantes; outro, representantes de concellos de entre 2.000 e 5.000 habitantes; e o terceiro comité reunirá a representantes de concellos de menos de 2.000 habitantes. Cada un deles analizará as necesidades dos concellos en función do seu número de habitantes, co obxectivo de achegar “solucións eficaces” para os problemas dos veciños.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: