Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O alcalde de Amoeiro cóstalle aos vecinos máis de 4.200 euros ao mes

Imprimir ppou - 25-Xuño-2015 - 19:00:36 


  • PP de Amoeiro manifesta que un soldo de 1.500 euros mes sería un salario axeitado para a labor de xestionar o Concello de Amoeiro

  • "Temos un alcalde con dedicación exclusiva que, a maiores, pide a compatibilidade para traballar na Universidade de Vigo", di o portavoz popular, José Sampayo


Amoeiro, 25 de xuño de 2015.-O Pleno do Concello de Amoeiro, aprobou hoxe, usando o voto de calidade do Presidente da Corporación, a adicación exclusiva do alcalde do PSOE, Rafael Rodríguez Villarino. Esta adicación exclusiva supón un gasto para os veciños de máis de 50.000 euros, dos que 38.656 euros corresponden ó salario bruto e 12.000 euros de cuotas da Seguridade Social.

O Partido Popular de Amoeiro considera desproporcionado este custe para a xestión dun Concello de 2.300 habitantes. Aínda por riba, o alcalde solicita autorización para desenvolver tarefas docentes como profesor asociado na Universidade de Vigo, según di, en horario de tarde e sen interromper a súa adicación ó Concello, que se aproba do mesmo xeito.

Ante esta situación, o Partido Popular preguntou no Pleno cal ía ser o horario do Alcalde como profesor xa que no punto anterior se aprobara a adicación exclusiva ó Concello.

En palabras do portavoz do PP de Amoeiro, José Sampayo, "acábase de aprobar unha adicación exclusiva do alcalde ó Concello que custa o mes máis de 4.200 euros mensuais e ao mesmo tempo se aproba a adicación parcial á Universidade". É dicir, "en Amoeiro temos un Alcalde con adicación exclusiva que en realidade o está cumprindo parcialmente", recalca José Sampayo.




(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: