Noticias
Blog
Manuel Baltar seguirá coa transparencia como liña estratéxica institucional
- A Deputación de Ourense continuará á vangarda dos gobernos provinciais de España
- O Código Ético foi un modelo a seguir no contexto nacional, así como a ordenanza de Transparencia, primeira dun goberno provincial
Ourense, 21 de maio de 2015.- A Transparencia seguirá sendo unha liña estratéxica institucional no vindeiro mandato. Deste xeito, a Deputación Provincial de Ourense continuará á vangarda dos gobernos provinciais de España.
Así o explica o candidato popular á presidencia da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, quen lembra que a institución provincial ourensá "foi tamén a primeira en contar cunha unidade administrativa de Transparencia e creará unha séptima área na súa estructura orgánica: a área de Transparencia e Goberno Aberto".
Dentro dos seus compromisos do Programa de Goberno Provincial Ourense 15-19, Manuel Baltar contempla a posta en marcha da primeira plataforma de participación cidadá de España. "A Transparencia é compartir toda a información co cidadán e estar en permanente contacto coa veciñanza, como puxemos de relieve coa App móvil e a nova páxina web, onde retransmitimos plenos, mesas de contratación e sorteos de tribunais, sendo os primeiros de España en facelo".
Manuel Baltar argumenta que "a anticipación é fundamental no deseño das políticas públicas, recoller as inquedanzas das persoas ao instante, programar tendo en conta os posicionamentos sociais. É fundamental que a Deputación leve a dianteira e lidera á sociedade ourensá".
O candidato popular provincial recalca que a Deputación de Ourense está liderando tamén os gobernos provinciais de España (situada no posto 3 dos 45 en Transparencia, segundo o organismo Transparencia Internacional), organizando e promovendo, entre outras accións, a primeira conferencia nacional de presidentes de gobernos provinciais.
"O primeiro debate sobre o estado da provincia tamén foi unha realidade, e o Plan Ourense 15-19 sigue marcando a liña de futuro dun goberno chamado a transformar a provincia da man de tódolos ourensáns", conclúe Manuel Baltar.