Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP acusa ao alcalde de Ourense de desviar os dous millóns de orzamento do Estado para a reforma da Praza da Alameda

Imprimir ppou - 22-Novembro-2010 - 19:35:11 

A praza de abastos da Alameda de Ourense queda sen os dous millóns de euros da achega do Estado que irá destinada a un proxecto de rehabilitación da praza de abastos da Ponte, nunha manobra que o PP cualifica de "distracción e de castigo" do alcalde. "Distracción para tentar escudar o fracaso na Ponte por non chegar a soterrar a estación de Empalme co proxecto do AVE", lembra Aurelio Gómez Villar, e engade que é un castigo para os comerciantes da praza de abastos da Alameda que se quedou sen a achega do Estado e, por tanto, "vaise a demorar indefinidamente o seu proxecto, como consecuencia da falta de diálogo que o actual goberno bipartito demostrou á hora de querer impor un proxecto en contra da opinión dos comerciantes, dos veciños da zona e da maioría dos cidadáns, representados polo Partido Popular".

O máis grave do asunto é que, segundo palabras de Gómez Villar, "volvemos asistir a unha mera pantomima do alcalde de Ourense e da concelleira de Comercio, porque se fala dun proxecto para tentar salvar ese investimento de dous millóns de euros, cando é virtual imposible que se realice en prazo para que o diñeiro chegue a plasmarse nunha reforma da Praza da Ponte: para cando o proxecto estea feito, xa pasaría o exercicio de 2010 e boa parte do 2011 e non será posible recuperalo dos orzamentos do Estado, entre outras cousas porque xa non haberá consignación e ese diñeiro desvanecerase dentro da política de austeridade que o goberno de Madrid vese obrigada a levar a cabo para paliar o malgasto realizado en obras como as do Campo da Feira e outras moitas tantas actuacións que non foron senón o froito do despropósito".

"Así pois -conclúe Gómez Villar- esta é unha nova manobra de entretemento da cal o resultado é moi previsible: non hai xa diñeiro do Estado para a reforma da praza de abastos da Alameda e non o haberá, tampouco, cando chegue a hora da verdade, para a praza de abastos da Ponche. Desgraciadamente, esa é a crúa realidade e  o tempo demostraranos a escasa capacidade de xestión do bipartito ourensán".

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: