Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Senado debaterá a integración do AVE na cidade de Ourense

Imprimir ppou - 22-Novembro-2010 - 18:39:35 


Madrid, 22 de novembro de 2010.-
O voceiro do Partido Popular no Senado, Pío García Escudero, comprometeuse ante Rosendo Fernández, candidato do PP a Alcaldía de Ourense, e Manuel Baltar, presidente provincial desta formación, a defender os grandes proxectos que precisa a cidade de Ourense, entre eles, a integración do AVE en Ourense. Así o afirmou Pío García Escudero no decurso da xuntanza que mantivo cos políticos ourensáns.


Rosendo Fernández expúxolle ao voceiro Popular que a principal preocupación na cidade de Ourense neste "momento histórico" é clarexar a integración da alta velocidade ferroviaria. Neste sentido, o Grupo Popular no Senado urxirá ao Goberno Central para que axilice urxentemente a sinatura do protocolo entre as administracións, que regule a chegada do AVE á cidade das Burgas, optando polo soterramento, medida que defenden non só os populares ourensáns senón tamén as forzas sociais e os axentes económicos.

Os dirixentes populares lamentaron ante o voceiro popular do Senado a desidia, a incapacidade e o "pasotismo", do goberno central socialista con todos os grandes asuntos da cidade de Ourense. "Pretenden pasar de puntillas no tema máis importante da historia de Ourense", sinalou Rosendo Fernández, e están a dar "vergoñentas leccións de discriminación, burlándose da cidadanía". Outros temas que trataron na reunión, que asumiu como propios o máximo dirixente popular no Senado, comprometéndose á súa defensa e reivindicación, foron a necesidade de investimentos para o Plan Estratéxico de Termalismo do Concello de Ourense, esquecido polo bipartito local, e para poñer en marcha solo industrial, cuestión fundamental para que se asenten empresas que xeren os postos de traballo que demanda a nosa sociedade.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: