Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Rosendo Fernández reúnese cos colectivos de Mulleres e Igualdade de Ourense

Imprimir ppou - 20-Novembro-2010 - 23:12:24 


Dentro da rolda de Encontros Sectoriais que o candidato do PP á Alcaldía de Ourense, Rosendo Fernández, está a manter cos diferentes colectivos da cidade, tivo lugar a reunión con representantes de colectivos de Mulleres e Igualdade. Na xuntanza, coordinada por María Antonia Rilo, responsable da Área de Igualdade do PP de Ourense, participou tamén o presidente provincial do partido, Manuel Baltar, e abordáronse tres temas: Igualdade, violencia de xénero e emprego feminino en Ourense.

Na reunión estiveron presentes representantes de colectivos como amas de casa, viúvas, movemento veciñal, mulleres rurais, comerciantes e mulleres de diferentes ámbitos profesionais e empresariais de Ourense como traballadoras e educadoras sociais, representantes de sindicatos, inmigrantes e xóvenes.
Rosendo Fernández considera que o obxectivo do encontro "é impulsar políticas efectivas en favor da igualdade, para que a muller siga incrementando o seu protagonismo na vida pública e social da cidade de Ourense, ademais de debater sobre a problemática actual da muller e propoñer iniciativas que permitan mellorar o ámbito da igualdade na sociedade".

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: