Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Núñez Feijoo percorreu catro concellos e a capital, na súa visita a Ourense

Imprimir ppou - 20-Novembro-2010 - 22:56:30 


O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijoo, mantivo unha intensa axenda de traballo na provincia de Ourense, percorrendo os concellos de Allariz, Xinzo de Limia, Os Blanco e Baltar, para rematar con unha visita ao barrio de Mariñamansa, na capital ourensá. Feijoo estivo acompañado en todo o seu percorrido polo presidente provincial do PP, Manuel Baltar, e por outros cargos populares locais e de Galicia.
    

O programa da visita do presidente do PPdeG comezou co acto de presentación do candidato ás vindeiras eleccións municipais en Allariz, Antonio Rodríguez Miranda, na antiga Praza de Abastos. Posteriormente, Núñez Feijoo realizou un percorrido polas rúas da vila. Máis tarde, participou nun xantar con 200 empresarios en Xinzo de Limia, xunto co presidente local do partido e candidato ás vindeiras eleccións municipais, Antonio Pérez Rodríguez, para posteriormente visitar o Salón Monográfico da Pataca, no Pavillón dos deportes de Xinzo.
O percorrido de Núñez Feijoo proseguiu en Os Blancos, onde asistiu ao acto de constitución de NNXX do PP nese concello, e ao acto político de apoio ao candidato popular Juan Manuel Andrade, á Alcaldía de Os Blancos. De seguido, Núñez Feijoo asistiu na Casa da Cultura do concello de Baltar a unha recepción organizada polo alcalde e candidato ás eleccións municipais, José Antonio Feijoo. A xornada do presidente do PPdeG en Ourense rematou coa participación no barrio de Mariñamansa, na capital ourensá, nun magosto organizado polo Distrito 4º do PP de Ourense ante máis de 200 persoas.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: