Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Jesús Vázquez prescindirá do coche oficial e tanto el como o seu goberno utilizarán o transporte público se acada a alcaldía de Ourense

Imprimir ppou - 25-Abril-2015 - 16:25:57 


  • Vázquez Abad promoverá un convenio coa Asociación Provincial de Taxis de Ourense e a utilización do Autobús Urbano para os desprazamentos de traballo dos membros do goberno municipal

  • Esta medida suporá un aforro de 353.000 €, o custe do salario do chófer de alcaldía durante os últimos oito anos, posto que será suprimido por ser actualmente un cargo de confianza, non funcionario

Ourense, 25 de abril de 2015.- O transporte público será principal medio que utilicen os concelleiros do goberno municipal de Ourense, nos seus desprazamentos de traballo e institucionais, se o 24 de maio Jesús Vázquez Abad acada a Alcaldía da cidade. "Se son alcalde, non terei coche oficial", afirma o candidato popular, ao ter en conta que "Ourense é unha cidade pequena, cómoda para camiñar e cun servizo de transporte público excelente".

Por elo, o transporte oficial do próximo goberno da cidade de Ourense será o transporte público, a través dun convenio coa Asociación Provincial de Taxis de Ourense e o uso do autobús urbano entre o alcalde e os concelleiros do seu equipo. Este é o compromiso do candidato Jesús Vázquez, nun tempo no que "é necesario optimizar os nosos recursos, eliminar gastos innecesarios e contribuir na medida do posible a desconxestionar o tráfico e a fomentar un uso sostible e máis ecolóxico do transporte".

Por elo, se preside a Corporación Municipal, Jesús Vázquez suprimirá un dos actuais postos de persoal de confianza máis criticados nos últimos oito anos: o de chófer de Alcaldía. "O Concello ten un parque móbil con vehículos utilitarios e unha plantilla de conductores que nunca fixeron necesario un chófer non funcionario para o primeiro edil". Ademáis, o custe do posto de chófer de Alcaldía (353.000 € en oito anos, resultado do salario e a aportación á Seguridade Social), será adicado a engrosar partidas de carácter social, cultural e deportivo.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: