Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Rajoy apoia as reivindicacións Populares para o soterramento do AVE en Ourense

Imprimir ppou - 18-Novembro-2010 - 14:31:02 


O presidente nacional do PP, Mariano Rajoy, mantivo unha xuntanza de traballo con Rosendo Fernández e Manuel Baltar, candidato a Alcaldía de Ourense e presidente provincial, respectivamente, na cal o máximo dirixente nacional do PP apoiou expresamente a proposta popular de urxir ao Ministerio e ao Concello de Ourense, ambos socialistas, a que asinen un protocolo que defina a integración do AVE na cidade. Rajoy apoia a proposta popular de soterramento do AVE "para evitar que a cidade sufra unha fenda irremediable e quede dividida para o futuro".

A desidia dos gobernos central e municipal contrasta coa celeridade coa que outras cidades, mesmo de tamaño inferior a Ourense, solventan este asunto de crucial importancia para o seu futuro. "Estamos ante unha oportunidade histórica para Ourense, cidade que se converterá na porta de entrada da alta velocidade a Galicia que os socialistas están desaproveitando" sinala Rosendo Fernández, discriminando claramente á nosa cidade.
"O alcalde socialista está a "cubrir o trámite" e compórtase pasivamente e de xeito desleal coa oposición popular no concello e coas forzas sociais e axentes económicos locais representativos", sostén Rosendo Fernández, e como proba cita a presentación onte por parte do alcalde "dunha proposta nada ambiciosa, unilateral, que despreza á cidade e que non é nada comprometida co seu futuro".   Mariano Rajoy comprometeuse a dar instrución aos voceiros populares no Congreso e no Senado para que presenten unha nova batería de iniciativas parlamentarias que reparen o esquecemento, a apatía e os incumprimentos socialistas, e estean á altura do momento histórico que se aveciña para Ourense. No mesmo sentido, Manuel Baltar e Rosendo Fernández anunciaron tamén a presentación dunha proposición non de lei no Parlamento de Galicia para que a Xunta inste ao Ministerio de Fomento e ao Concello da Cidade a asinar o protocolo que regule a integración, optando polo soterramento como así se fixo noutras cidades.    

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: