Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Partido Popular presenta a candidatura coa que espera renovar a alcaldía da Rúa

Imprimir ppou - 25-Abril-2015 - 15:33:08 

  • O alcalde rués, Avelino García Ferradal, explicou ante máis de 200 persoas o seu novo proxecto político

A Rúa, 24 de abril de 2015.- Máis de 200 persoas abarrotaron o Centro Cultural Avenida da Rúa para asistir a presentación da candidatura do Partido Popular ás eleccións municipais. Os alí presentes, puideron coñecer os integrantes da lista que encabeza o actual rexidor rués, Avelino García Ferradal.

O candidato a alcalde destacou "a importancia de acadar a maioría absoluta nos comicios de maio para que o Concello continue avanzando". O número un do PP da Rúa cedeulle a palabra a cinco dos membros da lista, os que van do número 2 ó número 6, para, según as súas palabras, "que tódolos veciños vexan a calidade humana e profesional do equipo que representa ó PP. Esta non é unha lista personalista, somos un gran equipo".


Éxito económico

A actual primeira tenente de alcalde e número dous da candidatura, María Teresa Varela Ancochea, destacou entre os logros acadados polo partido nesta lexislatura que, "a pesar da crise, a débeda disminuiu en máis dun 20% -do 120 a menos do 100- e o paro descendeu por debaixo do 7%, unha cifra moi inferior a que nos atopamos hai catro anos.

Pechou o acto o presidente do PP de Ourense e candidato á presidencia da Deputación, Manuel Baltar, destacando que "para que o vindeiro mes de maio gañe A Rúa, as eleccións debe gañalas o Partido Popular. Os veciños tedes que darlle a maioría absoluta a este equipo se queredes que o voso pobo siga crecendo. Se queredes que o progreso non sexa unha utopía para A Rúa, e se convirta nunha realidade".


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: