Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Partido Popular de Trives presenta a Isauro Pérez como candidato a Alcaldía do municipio

Imprimir ppou - 18-Novembro-2010 - 08:13:12 


Trives, 17 de novembro de 2010.- 
O Partido Popular de Trives celebrou esta tarde unha xuntanza, á que asistiu o presidente provincial do partido Manuel Baltar, na que Isauro Pérez foi proclamado candidato á Alcaldía do Concello de Trives nas eleccións municipais de maio de 2011. Ao acto asistiron militantes populares de Trives así como os integrantes da Xunta Local do partido Isauro Pérez dixo que desde hoxe "comezamos a traballar para levar a nosa ilusión a todos os veciños de Trives e tamén para recoller deles as propostas e suxestións que nos fagan, porque queremos facer unha política municipal man con man cos veciños, para que todos se sintan identificados con este ilusionante proxecto do Partido Popular e para acadar un goberno forte, con maioría absoluta en Trives".

Manuel Baltar afirmou que o PP de Ourense segue co plan iniciado hai cinco meses, planificando e fortalecendo as candidaturas nos 92 concellos da provincia "para que o Partido Popular siga sendo a formación política preferida polos ourensáns, o partido co que se identifica a maioría dos nosos cidadáns, porque confían na nosa capacidade de xestión e nós devolverémoslles esa confianza con responsabilidade, traballando para saír da crise na que nos meteron os socialistas, e pensando só no benestar dos nosos veciños".
Baltar dixo que nos comicios de maio e 2011 o Partido Popular vai consolidar e mellorar os resultados electorais "porque temos o mellor equipo e o apoio da xente que quere que as cousas se fagan ben, con seriedade e sen propaganda nin despilfarros".

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: