Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar: “Traballaremos unidos para lograr máis de 72 alcaldías en Ourense”

Imprimir ppou - 06-Maio-2010 - 23:49:53 

O presidente do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, afirma que a partires de agora o obxectivo que se marca o PP de Ourense é acadar o goberno municipal en máis de 72 alcaldías na provincia de Ourense. “Para elo temos que traballar unidos, abertos á sociedade e pensando exclusivamente nos problemas e nas necesidades das persoas”.
Baltar considera entre eses obxectivos prioritarios para os comicios de 2011 manter a Deputación de Ourense e seguir incrementando o apoio popular nas vilas e concellos da provincia de Ourense, “trasladándolle aos veciños que o PP de Ourense quere ser o partido dos ourensáns, para o cal todos os concellos teñen a mesma importancia, independentemente da súa poboación, porque este proxecto pensa en clave de persoas e de territorios. É evidente que a cidade ten un peso moi importante, e por elo contaremos cun equipo preparado, eficaz e leal para que os votantes, sexan ou non do PP, vexan que este partido é capaz de recuperar a dignidade e a credibilidade dun goberno municipal que quedou en entredito co goberno bipartito de PSOE e BNG”.

O movemento popular imparable, como define Manuel Baltar ao apoio recibido o pasado sábado no Congreso do PP de Ourense, estase a concretar nos numerosos apoios, adhesión e afiliacións que nestes está a recibir o Partido Popular de Ourense. Precisamente Baltar anunciou que nas próximas semanas comezará unha dinámica campaña de afiliación que ten como obxectivo seguir sumando persoas a este proxecto de todos os ourensáns, proxecto que ao longo da pasada campaña electoral interna do partido foi coñecido polas máis de 70.000 persoas que asistiron aos actos organizados pola candidatura de Manuel Baltar.

“Nós sempre dimos razóns para gañar, non excusas para xustificar a derrota, e penso que nesa ilusión posta na xente, e baseada nun programa serio e de futuro estivo a clave do abraiante apoio recibido polos compromisarios”, explica Manuel Baltar. “Hai forza, hai discurso e hai crenza no futuro de Ourense e da súa provincia -prosegue- e nada nos ten que preocupar máis que levar adiante este proxecto feito para a xente leal que confía no PP de Ourense en nos ourensáns”.

No que atinxe a PSOE e BNG Manuel Baltar considera que son dúas formacións “que sempre morderon a area política en Ourense, fosen cales fosen as eleccións ás que se presentasen; non hai máis que ver a tarxeta de resultados de José Luis Baltar, con 36 eleccións gañadas consecutivamente e por maioría absoluta. Socialistas e nacionalistas saben que agora temos unha forza renovada e moi activa para esta provincia fronte á cal non teñen nada que facer máis que xestionar a súa derrota”. E engade que lonxe de criticar o congreso de Ourense o que tiñan que facer os socialistas “é autocrítica do seu congreso provincial, por chamarlle dalgunha maneira: un congreso no que o modo de designación do novo responsable foi unha vergonza, e do lema non digamos nada: Próximo, Útil, Forte... Se a estas iniciais lle engadimos a de Ourense, temos PUFO, que é o que foi ese congreso”.

O proxecto do novo PP de Ourense combina, en opinión de Manuel Baltar, “a etapa anterior que se identificaba coa defensa a ultranza dos intereses de Ourense cunha non etapa de actualización do partido e con novas propostas organizativas moi achegadas ao cidadán, moitas das cales supoñen a primeira vez que se poñen en marcha na nosa formación política en Galicia”. Entre estas propostas cita a creación das áreas de estudos e pensamento galeguista, de intelixencia tecnolóxica e de sondaxes, e os observatorios socio-económico “Ourense 20.14” e o de Transportes e Expansión.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: