Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Jesús Vázquez analiza cuestións relacionadas co Medio Ambiente, a mobilidade e a sustentabilidade

Imprimir ppou - 28-Marzo-2015 - 12:40:24 


  • O cuarto acto sectorial organizado polo PPOU analiza con profesionais multidisciplinares aspectos para facer máis amable, accesible e ecolóxica a cidade de Ourense

  • O candidato popular á Alcaldía de Ourense recalcou de facer "unha cidade mellor, para todos e entre todos"


Ourense, 28 de marzo de 2015.- O ciclo de actos sectoriais con profesionais multidisciplinares da cidade, organizado polo Partido Popular de Ourense, continuou esta mañá co obxectivo de recabar todas aquelas ideas, suxerencias e demandas que lle transmita a sociedade ourensá ao candidato do PP á Alcaldía de Ourense, Jesús Vázquez, de cara á elaboración do programa electoral.

Unha vintena de profesionais do ámbito do Medio Ambiente, a mobilidade e a sustentabilidade compartiron un encontro no que estivo presente o candidato popular á Alcaldía de Ourense, Jesús Vázquez; acompañado polas parlamentarias autonómicas Cristina Romero e Marta Rodríguez-Vispo, así como a ex concelleira Noelia Pérez.

Ao igual que no resto de actos sectoriais celebrados (Cultura, Urbanismo e Servizos Sociais Asistenciais), Jesús Vázquez deixou claro que o protagonismo do encontro é para os argumentos dos participantes. "Quero escoitar as vosas aportacións, as vosas reclamacións e as vosas propostas para mellorar esta cidade. Quero un Ourense mellor, para todos e conseguido entre todos. É o meu principal obxectivo e quero contar con todos vós".

A seguridade vial e a prevención de accidentes de tráfico tivo un protagonismo fundamental no encontro, onde os participantes recalcaron a importancia de fomentar a peatonalización no centro da cidade, a posta en marcha de carrís bici e a consecuente e progresiva disminución do uso do automóbil no casco urbán, a "pacificación do tráfico", que repercutirá non só na propia seguridade vial, senón tamén na ecoloxía, con menos emisións de gases contaminantes. Tamén referido aos vehículos, se puxo sobre a mesa a necesidade de axilizar a retirada de vehículos abandonados nas rúas.

A mellora medioambiental no rural de Ourense foi outro dos temas expostos no acto sectorial, así como a protección da fauna autóctona de Ourense, como é o caso do insecto pau propio desta zona, que leva catro millóns de anos reproducíndose asexualmente, algo que ten abraiados aos investigadores de todo o mundo. Para este tipo de asuntos é clave a implicación de oficio das administracións, sobre todo da local, aínda que outros participantes preferirían que existise un corpo de inspectores medioambientais, funcionarios municipais, que inicien de oficio expedientes para a súa limpeza, pasándolle os gastos aos propietarios que non manteñen as fincas en bo estado. Tamén entroncou este asunto coa conservación dos ríos, polo que os participantes na sectorial recalcaron a importancia de que o Concello manteña unha estreita colaboración coa Confederación Hidrográfica. De feito, recalcaron que Ourense nunca poderá ser unha verdadeira capital termal sen unha limpeza e coidado profundo do cauce do Barbaña, ou mesmo da catalogación dos manantiais e fontes do municipio.

A mellora na iluminación pública, reforzándoa e potenciando o uso das lámparas led, polo seu aforro enerxético, pero sen esquecer a importancia de evitar a contaminación lumínica, dado que Ourense, segundo os astrónomos, ten o mellor ceo de Galicia e un dos mellores de España. De feito, deixaron este asunto como un dos polos de atracción da cidade que se pode explotar coa chegada do AVE, do mesmo xeito que a riqueza micolóxica que atesouran os montes de Ourense.

A educación e recuperación ambiental foi outro dos aspectos abordados na conversa. Xa dende a escola, ás máis temperás idades, debe ser potenciada entre os máis cativos. E o Concello, como institución, debe dar exemplo nas súas propias dependencias con medidas máis ecolóxicas, como por exemplo o uso de bombillas de baixo consumo. Así como melloras nun dos servizos máis costosos: a recollida do lixo, que debe mellorar na súa prestación. Ou a posta en marcha de voluntariado medioambiental para a recuperación de moitos enclaves naturais da cidade, xa dende a escola, para fomentar o ecoloxismo e as reforestacións. Fomentar unha escola de escalada en Ourense, propoñendo como ubicación o Botánico de Montealegre. Tamén reclamaron que na ordenación municipal, o Concello conte con expertos en Medio Ambiente, co fin de sentar as bases dunha cidade máis sustentable.

No que todos coincidiron foi na necesidade en manter vías de diálogo continuo coa administración local, co fin de seguir aportando ideas para convertir a Ourense nunha cidade máis amable e accesible.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: