Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Comunicado do alcalde de Celanova, José Luis Ferro Iglesias

Imprimir ppou - 27-Marzo-2015 - 19:41:21 

Levo dous anos e medio de alcalde de Celanova. Cheguei á Alcaldía por mera casualidade e á política sen buscalo e, polo tanto, non procurei nin procurarei na política ningún acomodo nin mellora económica.

A oposición de Celanova está menosprezando o traballo dos políticos.

A sentencia non cambia absolutamente nada. Dende o día seguinte á celebración do pleno eu estou cobrando a cantidade que foi acordada aquel día. Polo tanto, en ningún momento fixen ninguna reclamación respecto da contía que debía ou non debía cobrar.

Presentei o recurso contencioso-administrativo ante un flagrante incumprimento do peocedemento que está perfectamente estipulado na lexislación local. E aínda máis: fíxeno porque considerei –e sigo considerando- que esa aprobación fixérona os concelleiros da oposición a sabendas de que o procedemento que aprobaban non era legal.

A miña reclamación nunca pretendeu reparar ou restituir o soldo que cobraba ata ese momento. Entre outras cousas, porque esta sentencia, no sentido no que foi dictada polo xuíz chega tarde, porque a estas alturas xa existe un regulamento que organiza o cobro dos alcaldes de toda España.

É máis, créanme ou non, a opinión pública debe saber que aínda que esta sentencia fose favorable na súa totalidade a min, nin tiña pensado cobrar un céntimo do que a xustiza me concedese ou me poida conceder no futuro ó recorrer o auto xudicial.

Un auto xudicial do que discrepo radicalmente, tanto no fondo como na forma, pois máis alá da existencia dalgún parágrafo que forma parte doutras sentencias, son varias as razón que humildemente considero completamente fóra de lugar. Entre elas, que un xuiz non é quen para cuestionar se un alcalde debe cobrar por riba ou por baixo de dúas, tres, catro veces o salario mínimo interprofesional.

Por todo elo tratarei de utilizar tódolos mecanismos legais que estean ó meu alcance e que me concede o Estado de Dereito para demostrar que me asiste a razón en canto a que o procedemento aprobado polos grupos da oposición, aproveitándose do apoio dunha tránsfuga, non cumpriu a normativa legal que regula a Administración Local.

Repito, pois, sobre todo para que os meus veciños señan coñecedores da verdade, o asunto do salario non é relevante para min, pois dende o día seguinte á celebración do pleno estou cobrando a cantidade que foi designada por aquel e, polo tanto, a xustiza non corrixe absolutamente ninguna situación.

O que sí é relevante, e o pobo de Celanova ten dereito a sabelo, é o grao de cinismo e hipocresía que teñen alcanzado os dous grupos da oposición que, valéndose do voto dunha tránsfuga, votan, a sabendas, algo que saben que incumpre flagrantemente os artigos 168-169 da Lei Reguladora das Facendas Locais, e aínda así decidiron votar a favor dun punto que quixeron corrixir e logo non deron…

Isto, é dicir, votar algo a sabendas de que incumpre a lexislación vixente, ten un nome moi claro e eu estou seguro de que igual que ten acontecido estes días en Santiago de Compostela, a Xustiza acabará botando luz sobre todo elo e poñendo as cousas de novo no seu sitio.

E xa para rematar, gustaríame facer unha reflexión en alto. Se eu tivera chegado á política co ánimo de medrar ao carón da súa cara máis noxenta, saben o que tería feito ao día seguinte de ser elixido alcalde? Aceptaría as esixencias que por distintas veces me puxo por riba da mesa a concelleira tránsfuga e asignaríalle o soldo que ela sí me pediu (en A ou B, tanto lle daba). Pero iso vai contra os meus principios éticos e morais e non accedín, nin accedería ninguna vez por máis que se repetirá a situación un cento de veces.

 

Celanova, 27 de marzo de 2015


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: