Noticias
Blog
O candidato popular á Alcaldía de Ourense, Jesús Vázquez, agradece a implicación da Xunta coa reforma da Praza de Abastos
- O Consello da Xunta ven de anunciar que autoriza a sinatura do convenio para reformar a Praza de Abastos, co fin de dotala dun novo ascensor e mellora no pavimento
De feito, hoxe mesmo o Consello da Xunta deu hoxe o visto e prace á sinatura do convenio de colaboración do Goberno galego co Concello de Ourense para desenvolver as obras de mellora da praza de abastos municipal. Deste xeito, a Consellería de Economía e Industria reserva para a realización dos traballos preto do 60% dos case 100.000 euros do custo do proxecto, dentro da súa estratexia de apoio ao comercio de proximidade e o impulso das prazas de abastos como elemento dinamizador das vilas e cidades galegas. As actuacións que se desenvolverán permitirán substituír o pavimento interior da planta de carnicería e peixaría e a instalación dun novo ascensor, co obxectivo de reforzar o papel da praza como motor comercial de Ourense.
Por último, Jesús Vázquez lembra que nas súas recientes reunións cos comerciantes da Praza de Abastos, "unha das demandas históricas que nos trasladaron foi a da instalación do ascensor e subsitución do vello pavimento. Con esta aprobación do Consello de Xunta, o convenio queda dependendo da vontade do propio Concello de Ourense, que agardamos que non se demore demasiado, polo ben dos traballadores e clientes da Praza de Abastos".