Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 1.500 persoas asisten ao magosto do Partido Popular no Campo da Feira de Ourense

Imprimir ppou - 13-Novembro-2010 - 20:10:51 

Unhas 1.500 persoas, afiliados e simpatizantes do Partido Popular, déronse cita o pasado venres no Campo da Feira de Ourense, nun acto organizado polo grupo municipal do PP no Concello de Ourense, para celebrar a festa máis tradicional de Ourense: o Magosto. Ao acto asistiron os presidentes do partido en Galicia e en Ourense, Alberto Núñez e Manuel Baltar, xunto cunha ampla representación dos cargos electos na provincia, e co presidente de honra do partido e titular da Deputación, José Luís Baltar. No turno de intervencións, xunto a Feijóo e Manuel Baltar, participaron tamén o portavoz municipal do PP de Ourense, Enrique Nóvoa, e o candidato á Alcaldía de Ourense, Rosendo Fernández. Foi o acto político e lúdico de maior importancia dos celebrados esta fin de semana na nosa provincia, e unha proba da inigualable forza de convocatoria que ten o PP de Ourense. Unha mostra do ilusionante proxecto e das expectativas do Partido Popular cara ás eleccións municipais de 2011.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: