Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP de Piñor, en contra da subida do imposto da recollida do lixo

Imprimir ppou - 10-Novembro-2010 - 17:06:27 



Piñor, 10 de novembro de 2010
.- O Partido Popular de Piñor oponse á subida do imposto da recollida de lixo que hoxe vai ser aprobada no pleno que esta tarde celebra o concello. Desta maneira, os veciños terán que pagar 5 euros máis polo imposto do lixo, "algo que nos tempos de crise que estamos a vivir é algo intolerable para as familias do noso municipio, pois en lugar de ter en conta as dificultades económicas o que fai o alcalde é seguir sangrándolle o peto aos veciños", afirma Luís González, candidato á Alcaldía de Piñor polo Partido Popular.    

O grupo Popular no Concello de Piñor anunciou que hoxe votará en contra desta subida de impostos, por entender que se ao alcalde non lle chega cos impostos que recada "debería xestionar mellor as arcas municipais e deixar de gastar os cartos en partidas de gastos varios que non teñen ningún sentido", explica Luís González.

Neste senso, González considera que o servizo de recollida de lixo do Concello de Piñor "deixa en ocasións moito que desexar, pois hai lugares onde só pasa unha vez á semana o camión de recollida, coa conseguinte acumulación de lixo que se produce e os problemas de salubridade que poden acontecer".

Esta falta de excelencia nos servizos reflíctese tamén, segundo o candidato do Partido Popular, no feito de que ao alcalde non lle preocupe un tema tan importante como é o do velorio municipal, "unha obra que leva 4 anos construída e que aínda non se sabe cándo se vai a poñer a disposición dos veciños. Isto provoca un fondo malestar en Piñor pois cada vez que se produce o falecemento dun veciño a familia ten que marchar a outro concello a facer o velorio, como por exemplo o de Cea, que si ten tanatorio municipal", explica Luís González.     

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: