Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Encontro coa militancia do PP do candidato á Alcaldía de Ourense, Jesús Vázquez Abad

Imprimir ppou - 26-Febreiro-2015 - 22:58:51 

Ourense, 26 de febreiro de 2015.- A sede do Partido Popular de Ourense quedou moi pequena para albergar aos centos de militantes que esta tarde quixeron participar nun encontro co candidato á Alcaldía de Ourense, Jesús Vázquez Abad.
O candidato dos populares estivo arroupado polo presidente da Xunta Local, Rosendo Fernández; así como polo presidente provincial, Manuel Baltar. Ambos destacaron que o PPOU é a única forza política capaz de alcanzar a maioría absoluta o vindeiro 24 de maio.
Jesús Vázquez Abad agradeceu o enorme apoio da militancia, así como todas as mostras de agarimo e ilusión que lle transmiten día a día na rúa. Tamén tivo palabras de agradecemento para Rosendo Fernández, actual portavoz municipal, e de todo o seu equipo, pola súa labor de oposición no Concello de Ourense nos últimos catro anos. "É o momento de transmitir ilusión, de amosar á cidadanía que estamos preparados para devolverlle a normalidade ao Concello, para volver a xestionar os intereses de todos os ourensáns"

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: