Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Os candidatos do PPOU na comarca de Ourense aúnan os seus esforzos en acadar o Transporte Metropolitano, demandado pola cidadanía

Imprimir ppou - 20-Febreiro-2015 - 19:17:46 

  • A de hoxe é a terceira das 10 reunións que ten planificadas o PPOU con todos os candidatos e presidentes locais nos partidos xudiciais da provincia
  • Os candidatos de Allariz, Amoeiro, Baños de Molgas, Barbadás, Coles, Esgos, Maceda, Nogueira de Ramuín, Paderne de Allariz, Parada do Sil, Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén, Vilamarín, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadañedo fixan o Transporte Metropolitano como irrenunciable nos seus programas electorais
  • O coordinador do Comité de Campaña Provincial, Jorge Pumar, recalcou que unha das peticións máis numerosas e insistentes recibidas no whatsapp do PPOU (635 92 92 92) e a través da web www.ppou.es/Propuestas é, precisamente, a do Transporte Metropolitano

 
Ourense, 20 de febreiro de 2015.- A sede provincial do Partido Popular de Ourense acolleu esta tarde a terceira das dez reunións que o Comité Provincial de Campaña ten planificadas con todos os candidatos e presidentes locais nos partidos xudiciais da provincia.

  A reunión desta tarde, -que estivo presidida polo coordinador do Comité Provincial de Campaña, Jorge Pumar-, serviu para analizar cos candidatos e presidentes locais dos municipios integrantes da xunta electoral de zona de Ourense, partido xudicial de Ourense, a situación socieconómica de cada concello, así como as liñas estratéxicas que deben comprender os programas electorais locais, así como o programa electoral provincial. Na reunión tamén se analizaron os prazos que prevé a lexislación para artellar todo o proceso electoral e a configuración das candidaturas que concurrirán aos comicios.

  Os candidatos e presidentes locais dos concellos de Allariz, Amoeiro, Baños de Molgas, Barbadás, Coles, Esgos, Maceda, Nogueira de Ramuín, Paderne de Allariz, Parada do Sil, Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén, Vilamarín, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadañedo, presentes na reunión, fixaron o Transporte Metropolitano como irrenunciable nos seus programas electorais. De feito, recalcaron que esta vella reivindicación conta co consenso de tódolos municipios salvo o da cidade, por culpa da deixadez sistemática do Concello de Ourense, que mantén bloqueado este proxecto. Os candidatos reiteraron que  continuarán aunando os seus esforzos para acadar este servizo tan demandado polos veciños da área metropolitana de Ourense.

  Precisamente, o coordinador do Comité de Campaña Provincial, Jorge Pumar, recalcou que que unha das peticións máis numerosas e insistentes recibidas no whatsapp do PPOU (635 92 92 92) e a través da web www.ppou.es/Propuestas é, precisamente, a do Transporte Metropolitano. "Non podemos obviar as necesidades e os requerimentos dos veciños, e como tal insistiremos en acadar, por fin, que esta vella reivindicación sexa unha realidade".

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: