Noticias
Blog
Organizar e coordinar a estratexia electoral do Partido Popular na provincia de Ourense de cara aos vindeiros comicios municipais de maio de 2011 é o obxectivo do Comité de Campaña Provincial do PP de Ourense que hoxe se constituíu na sede provincial do Partido Popular. Nesta primeira xuntanza analizáronse os equipos de traballo, as áreas e as tarefas que se van poñer en marcha, así como as actividades que os Populares van desenvolver para achegar a súa mensaxe política aos cidadáns da provincia de Ourense.
O presidente provincial do PP Manuel Baltar afirma que se trata dun ambicioso proxecto "que hoxe poñemos en marcha para seguir sumando alcaldías e a confianza dos cidadáns ao proxecto do PP de Ourense, o partido co que se identifican os ourensáns, que en cada elección nos dan maioritariamente a súa confianza".

O comité ten as seguintes áreas e está integrado por:
Responsable político: | D. José Manuel Baltar Blanco |
Coordinadora de campaña: | Dª Carmen Leyte Coello |
Xerente, responsable de publicidade e medios: | D. Luis Vergara Gómez |
Responsable de formación: | D. Roberto Castro García |
Responsable de mobilización electoral: | D. Miguel Ángel Santalices Vieira |
Responsable de interventores e apoderados: | D. Marifé Dacoba Pérez |
Responsable de voto por correo: | D. Pablo Pérez Pérez |
Responsable de comunicación: | D. Fernando Rodríguez Méndez |
Responsable de actos públicos: | D. Jorge Pumar Tesouro |
Responsable de actos sectoriais: | D. Miguel A. Pérez de Juan Romero |
Responsables de asesoría xurídica: | D. Ignacio Martín Amaro D. José Abundancia Domínguez |
Responsable de Ourense cidade: | D. Rosendo L. Fernández Fernández |
Responsable de relacións dirixentes nacionais: | Dª Ana Belén Vázquez Blanco |