Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Campaña de afiliación de Novas Xeracións do PP de Ourense

Imprimir ppou - 05-Novembro-2010 - 18:54:06 


O presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar, e o candidato a Alcaldía de Ourense, Rosendo Fernández, participaron no acto de presentación da campaña de afiliación que Novas Xeracións do PP de Ourense está a desenvolver por toda a provincia. Nesta ocasión, o activo tivo lugar na rúa do Paseo de Ourense, onde máis dun centro de mozas e mozos Populares recolleron a sinatura de novos xóvenes afiliados que se achegaron á carpa instalada na rúa.

Roberto Bermúdez, vicepresidente de Novas Xeracións do PP de Galicia, dixo que é importante o compromiso que amosan os xóvenes co proxecto do Partido Popular, "un compromiso que nos ilusiona para seguir traballando na defensa de políticas de emprego e máis oportunidades competitivas para os xóvenes". Pola súa banda, Manuel Baltar e Rosendo Fernández coincidiron en afirmar que NNXX do PP de Ourense é a organización xuvenil máis potente da provincia, e que os xóvenes son conscientes da importancia de que "é necesario un cambio político para rematar na capital Ourensá cun goberno bipartito que só exporta fracaso e caos e que permitiu estes días que a nosa cidade dé una imaxe noxenta", explicou Manuel Baltar.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: