Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O turismo e a consolidación de poboación coa mellora dos servizos, claves de futuro para o PP de Cenlle

Imprimir ppou - 17-Decembro-2014 - 22:50:58 


  • Gabriel Alén Castro foi elixido presidente local do PP de Cenlle co 100% de apoio dos votos emitidos

  • O presidente provincial, Manuel Baltar, na clausura do congreso local número 69 do PPOU, recalcou que "o traballo diario fundamentado na cooperación é a base irrenunciable para seguir ofrecendo respostas efectivas ás demandas dos nosos veciños"

Cenlle, 17 de decembro de 2014.- A adega Virmadeus - Praza do Pobo acolleu esta tarde o Congreso Local do PP de Cenlle. Gabriel Alén Castro, candidato único, foi elixido presidente local por unanimidade dos compromisarios que participaron neste proceso de elección.

O presidente local, durante a súa intervención, aproveitou para agradecer aos compromisarios a confianza depositada na súa candidatura. No tocante ás apostas de futuro, Gabriel Alén recalcou que un piar de atracción será o entorno do balneario de Laias e a área termal de Barbantes. "Esta zona verde non só servirá para atraer turistas, senón que queremos consolidala como unha zona de ocio para os nosos veciños. Cenlle é un municipio que non só ten un reclamo turístico, senón que é un lugar idóneo para vivir: ben comunicado e moi preto da capital de provincia".

Gabriel Alén tamén confirmou que a aposta do PP local pasará tamén por seguir renovando o interior dos núcleos rurais, poñendo como exemplo a estrada de Villar de Rei, así como a travesía e as prazas de Cenlle. Asimesmo, rememorou que se solucionou o problema de restricción de auga en diversos núcleos, "e neste camiño seguiremos apostando, a través do proxecto da Xunta de bombeo de auga dende o Miño, en cantidade e calidade". Tamén fixo fincapé no compromiso municipal co aforro enerxético e o Medio Ambiente, con inversións en depuración de augas e melloras no saneamento de Laias, Razamonde e Trasariz, entre outras.

Pola súa banda, o presidente provincial, Manuel Baltar, no discurso de clausura do congreso local de Cenlle, o número 69 dos celebrados polo PPOU, recalcou que "o traballo diario fundamentado na cooperación é a base irrenunciable para seguir ofrecendo respostas efectivas ás demandas dos nosos veciños"


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: