Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PP de Castrelo do Val ante a oportunidade de poñer fin a anos de parálise municipal socialista

Imprimir ppou - 30-Outubro-2010 - 19:46:00 

Manuel Baltar, presidente do PP de Ourense, asistíu en Castrelo do Val ao acto de proclamación de Manuel Pérez, empresario de corenta anos, como candidato á Alcaldía do concello nas eleccións municipais de maio de 2011. Coa asistencia dos integrantes da Xunta Local do Partido, presidida por Aurora Miranda, Manuel Pérez asumíu o reto de "poñer fin a anos de parálise municipal socialista en Castrelo do Val".
Manuel Baltar sostivo que Castrelo do Val non pode seguir sendo unha illa na comarca de Monterrei, onde a grande maioría dos concellos contan con gobernos populares. "En nada se notou o progreso e a evolución municipal en todas estas lexislaturas con maiorías socialistas", animando aos populares de Castrelo do Val a deseñar un plan de traballo e un equipo de persoas que fagan chegar a mensaxe popular ás veciñas e veciños nun momento no que o socialismo está nas súas horas máis baixas. "Socialismo é igual a crise económica, desemprego e nula xestión", afirmou.

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: