Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PPOU presenta aos seus candidatos para as Eleccións Municipais da Xunta Electoral de Zona de Valdeorras

Imprimir ppou - 22-Novembro-2014 - 18:42:22 


  • A Biblioteca da Casa de Cultura de A Rúa acolleu a oitava presentación de candidatos dos populares ourensáns

  • O presidente provincial, Manuel Baltar, recalcou que "a 183 días das Eleccións Municipais, o PPOU é o único partido que xa ten designados 82 cabezas de lista dos 92 totais da provincia de Ourense"

A Rúa, 22 de novembro de 2014.- Hoxe sábado, 22 de novembro, a Biblioteca da Casa de Cultura de A Rúa acolleu o acto de presentación de candidatos do PPOU para as vindeiras Eleccións Municipais da Xunta Electoral de Zona de Valdeorras. Esta é a oitava presentación de candidatos a nivel comarcal que realiza o PP de Ourense dende hai oito semanas.

O acto comezou ás 17.30 horas coa benvida a cargo do alcalde de A Rúa e presidente local, Avelino García Ferradal. A continuación interveu o secretario xeral do PPOU, Rosendo Fernández, así como o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda de Valenzuela. Pechou o acto o presidente provincial do PP de Ourense, Manuel Baltar, en torno ás 17.55 horas, recalcando que "a 183 días das Eleccións Municipais, o PPOU é o único partido que xa ten designados 82 cabezas de lista dos 92 totais da provincia de Ourense".


Os candidatos presentados son os seguintes:

- O Barco de Valdeorras: Moisés Blanco Paradelo (37 anos). Diplomado en Ciencias da Educación e Técnico en Protocolo e Relacións Institucionais.

Concelleiro no Barco de Valdeorras desde 2003. Deputado Provincial entre 2007-2011. Parlamentario autonómico desde 2012. Presidente local do PP do Barco de Valdeorras. Membro do Comité de Dirección do PP de Ourense.

- Carballeda de Valdeorras: María del Carmen González Quintela (59 anos). Título de Bacharelato. Industrial.

Concelleira en Carballeda de Valdeorras entre 1987-1991. Alcaldesa de Carballeda de Valdeorras desde 1991. Membro do Comité Executivo do PP de Ourense.

- Petín: Manuel de la Fuente Díez (71 anos). Título de FP. Xubilado.

Concelleiro en Petín entre 1991-1995. Voceiro en Petín desde 2011.

- A Rúa: Avelino García Ferradal (54 anos). Licenciado en Ciencias da Educación. Profesor.

Concelleiro na Rúa entre 2003-2011. Alcalde da Rúa desde 2011. Deputado Provincial desde 2011. Presidente local do PP da Rúa. Membro do Comité Executivo do PP de Ourense.

- Rubiá: Elías Rodríguez Núñez (49 anos). Licenciado en Económicas. Funcionario.

Concelleiro en Rubiá entre 1999-2003. Alcalde de Rubía desde 2003. Presidente local do PP de Rubiá.

- A Veiga: Juan Anta Rodríguez (32 anos). Licenciado en Dereito. Avogado.

Primeira incursión en política. Presidente local do PP da Veiga.

- Vilamartín de Valdeorras: María Jesusa Candal Jarrín (54 anos). Empregada de Banca.

Concelleira en Vilamartín de Valdeorras entre 2003-2008 e 2011-2013. Alcadesa de Vilamartín de Valdeorras entre 2008-2011 e desde 2013. Membro do Comité Executivo do PP de Ourense.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: