Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Reunión da xunta local do PP de A Rúa

Imprimir ppou - 28-Outubro-2010 - 22:58:32 

A xunta local do PP de A Rúa celebrou unha reunión preparatoria para comezar a organizar equipos e estratexias de cara ás vindeiras eleccións municipais de maio de 2011. A xuntanza contou coa presenza do presidente provincial, Manuel Baltar, quen estivo acompañado pola presidenta da xunta local, María Jesús Magadán, e do presidente comarcal e candidato á Alcaldía de A Rúa, Avelino García, ademais doutros integrantes da xunta local. O candidato dixo que as principais liñas de traballo para a campaña das municipais serán a creación de emprego e a redución de gastos no Concello, para evitar que os cidadáns de A Rúa teñan que pagar máis impostos. amén abogou Avelino García por motivar ao electorado e a militantes e simpatizantes "porque é posible facer mellor as cousas polo ben dos nosos veciños".

Pola súa banda, Manuel Baltar dixo que o PP "é o único partido que se presenta ás eleccións para gañalas, mentres que PSOE e BNG o fan para que non goberne o Partido Popular. Pouco lles importan a eles os cidadáns, nunca realizan os programas cos que se presentan ás eleccións, porque en canto poden fan unha alianza de perdedores e olvidan que teñen que gobernar para os veciños". Baltar dixo que A Rúa pode ter nas vindeiras eleccións un goberno popular "e con ese obxectivo estamos aquí, para poñer en marcha a maquinaria máis potente e máis ilusionante, como é a do Partido Popular, para que en maio de 2011 estemos todos celebrando que a política municipal en A Rúa se pode facer pensando na xente e contando con ela".

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: