Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PPOU presenta aos seus candidatos para as Eleccións Municipais da Xunta Electoral de Zona de Ourense

Imprimir ppou - 31-Outubro-2014 - 21:38:16 


  • O Parador de Turismo de Santo Estevo acolleu dita presentación, a quinta que fan os populares e que continuarán coas das restantes xuntas electorais nas vindeiras semanas

  • O presidente provincial, Manuel Baltar, lembrou que a 205 días para a celebración das Eleccións Municipais do 24 de maio de 2015 "somos a única forza política de Ourense que ten a punto os seus equipos para liderar a provincia"


Ourense, 31 de outubro de 2014.- Hoxe venres, 31 de outubro, o Parador de Turismo de Santo Estevo acolleu o acto de presentación de candidatos do PPOU para as vindeiras Eleccións Municipais da Xunta Electoral de Zona de Ourense - Ourense.

O acto comezou ás 19.00 horas coa benvida a cargo do presidente local do PP e alcalde de Nogueira de Ramuín, José César Parente Pérez. A continuación produciuse a intervención do secretario xeral do PPOU, Rosendo Fernández, quen diu paso ao secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda de Valenzuela, quen puxo de manifesto o intenso e constante traballo orgánico levado a cabo polo PP de Ourense.

O presidente provincial do PPOU, Manuel Baltar, lembrou que a 205 días para a celebración das Eleccións Municipais do 24 de maio de 2015 "somos a única forza política de Ourense que ten a punto os seus equipos para liderar a provincia", toda vez que coa presentación de hoxe da comarca de Ourense, xa se presentaron durante este mes de outubro todos os candidatos das xuntas electorais de zona do Carballiño, O Ribeiro, A Limia e Trives.




Os candidatos presentados hoxe son os seguintes:


-Allariz: Luz Doporto Real (42 anos). Licenciada en Psicoloxía e empresaria, é concelleira dende 2007 e portavoz municipal dende 2012.

-Amoeiro: José Ángel Sampayo Fernández (43 anos). Diplomado con máster universitario, é asesor do Grupo Provincial Popular e voceiro municipal dende 2011.

-Baños de Molgas: Eladio Mangana Nóvoa (56 anos). Título de FP, é conceleliro dende 1987, alcalde dende 2003 e actual presidente local do PP. É deputado provincial dende 2009.

-Barbadás: María Consuelo vispo Seara (48 anos). De profesión xestora comercial de entidade bancaria, é concelleira dende 2007 e actual presidenta local do PP.

-Coles: Luis Antonio Iglesias Fernández (59 anos). Prexubilado de banca, é voceiro municipal dende 2011 e actual presidente local do PP.

-Esgos: Marío Rodríguez González (55 anos). Diplomado en Maxisterio, foi teniente de alcalde entre 1999 e 2003, e alcalde dende 2011. É o actual presidente local do PP.

-Maceda: Francisco Javier Nóvoa Rodríguez (70 anos). Empresario, é a súa primeira incursión en política. É o actual presidente local do PP.

-Nogueira de Ramuín: José César Parente Pérez (55 anos). Prexubilado de banca, é concelleiro dende 2003 e alcalde dende 2011. É o actual presidente local do PP.

-Paderne de Allariz: José Manuel Fernández Gómez (60 anos). Concelleiro entre 1983 e 1995, foi teniente de alcalde entre 1995 e 2007 e é o alcalde dende 2007. É o actual presidente local do PP.

-Parada de Sil: Óscar González Prieto (37 anos). Enxeñeiro de montes, é a súa primeira incursión en política.

-Pereiro de Aguiar: Eliseo Fernández Gómez (64 anos). Empresario de profesión, é concelleiro dende 1983 e alcalde dende 1987. Foi deputado provincial entre 2003 e 2007 e volve a ocupar este cargo dende 2011.

-A Peroxa: Manuel Seoane Rodríguez (59 anos). Empresario de profesión, é alcalde dende 1979 e foi deputado provincial entre 1999 e 2007.

-San Cibrao das Viñas: Manuel Pedro Fernández Moreiras (57 anos). Titulado en Formación Profesional, foi concelleiro entre 1987 e 2011 e é o alcalde dende 2011. É o actual presidente local do PP.

-Taboadela: Manuel Gallego Vila (77 anos). Titulado en Formación Profesional, é alcalde dende 1972.

-Toén: Amancio Antonio Cid Pérez (64 anos): Diplomado en Maxisterio, é funcionario e director de entidade bancaria. Alcalde dende 2007, é o actual presidente local do PP.

-Vilamarín: Amador Vázquez Vázquez (67 anos). Enxeñeiro Técnico Industrial, e Graduado Social. É alcalde dende 1983. Foi deputado provincial entre 1983-1999 e senador entre 2000-2010. É o actual presidente local do PP.

-Xunqueira de Ambía: José Luis Gavilanes Losada (61 anos). Empresario e alcalde de Xunqueira de Ambía desde 1979. Foi deputado provincial entre 1993-1995. Presidente local do PP de Xunqueira de Ambía.

-Xunqueira de Espadañedo: Carlos Gómez Blanco (56 anos). Empresario de profesión. Concelleiro en Xunqueira dende 2011 e alcalde dende outubro de 2011. Presidente local do PP de Xunqueira de Espadanedo.











(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: