Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 A Comisión de Pleno do Concello de Ourense retira da orde do día o seu único punto, o que contiña as facturas manipuladas con tippex por valor de máis de 465.000 euros

Imprimir ppou - 31-Outubro-2014 - 11:21:20 

  • "Tamén detectamos que algunha desas facturas non tiña sello de entrada do Concello, así como tampouco tiñan sello da Intervención. Do mesmo xeito, nos pareceu tamén extraño que algunha delas fose do ano 2006 e que oito anos despois quixeran aprobalas finalmente", aclarou o portavoz municipal ao término da comisión

  • "O goberno municipal aínda non aclarou quen nin por qué se manipularon con tippex as devanditas facturas, clave de todo este asunto. De ningunha maneira imos permitir políticas económicas de tippex cos cartos de tódolos ourensáns", finalizou Fernández


Ourense, 31 de outubro de 2014.- Na comisión de pleno desta mañá, foi retirado o único punto da orde do día, correspondente ao Recoñecemento extraxudicial de créditos 3P/2014, a petición nosa, tal e como adiantamos onte solicitandoo mediante un escrito entregado no Rexistro Municipal.

Na comisión de pleno, o portavoz municipal, Rosendo Fernández, acompañado polos concelleiros Aurelio Gómez Villar e Bernardino González, volveron a poñer de manifesto "a existencia de facturas manipuladas con tippex por valor de máis de 465.000 euros, o cal xa nos pareceu motivo máis que suficiente para retirar da orde do día este punto. De ningún xeito nos íamos a prestar a aprobar un expediente que contivese facturas manipuladas", sinalou Rosendo Fernández.

"Tamén detectamos que algunha desas facturas non tiña sello de entrada do Concello, así como tampouco tiñan sello da Intervención. Do mesmo xeito, nos pareceu tamén extraño que algunha delas fose do ano 2006 e que oito anos despois quixeran aprobalas finalmente", aclarou o portavoz municipal ao término da comisión.

"O goberno municipal aínda non aclarou quen nin por qué se manipularon con tippex as devanditas facturas, clave de todo este asunto. De ningunha maneira imos permitir políticas económicas de tippex cos cartos de tódolos ourensáns", finalizou Fernández.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: